RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Fin dunha exitosa temporada para ANOSACANTEIRA

Despois de varias semanas de torneos amigables por toda España e Europa, ANOSACANTEIRA concluíu unha exitosa temporada 2023-24.

Nestes case 11 meses de competición logrouse a permanencia en Segunda Federación (Fabril); e os títulos de Primera Autonómica Feminina (Orzán SD Xuvenil Femenino), División de Honra xuvenil, cadete e infantil; Liga Nacional xuvenil; e campionato galego de fútbol oito co Benxamín A.

Ademais, varios futbolistas pasaron polas categorías inferiores das súas respectivas seleccións nacionais: Mauro Valeiro, Lucía Rivas, Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Mustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.

De todos eles destaca o campionato de Europa logrado por Lucía Rivas coa selección española sub-17.

Toca agora descansa e repor forzas para volver nunhas semanas coa pretemporada. Iso si, quedan pendentes ao longo deste verán a final do Trofeo Mini Teresa Herrera para o Fabril FC Benxamín en ABANCA-RIAZOR e un torneo amigable en Polonia para o Benxamín A.