RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Dépor Xira Integralmotion comezará coa visita ao Atlético Arteixo o día 23

A Dépor Xira Integralmotion 2022 xa ten data e lugar de arranque. Será o sábado 23 de xullo a partir das 19:30 horas no campo municipal de Ponte dos Brozos. O Atlético Arteixo recibirá ao Dépor co trofeo Santiago Apóstolo en xogo e coa retransmisión do partido por parte da canle oficial de Youtube do Club: www.youtube.com/rcdeportivo grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.

A xornada de adestramento e festiva, seis días despois do arranque da pretemporada na Cidade Deportiva de Abegondo, servirá tamén para homenaxear ao adestrador máis lendario da historia do RC Deportivo, Arsenio Iglesias, fillo predilecto de Arteixo, a súa localidade natal, no estadio situado na avenida que leva o seu nome.

As entradas custan 10 euros e están á venda nesta ligazón. De haber aforo, o día do partido venderanse en despacho de billetes desde unha hora antes. As persoas socias do Atlético Arteixo 22/23 teñen acceso gratuíto.