RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Gran actuación de #ANOSACANTEIRA nos torneos amigables, con título en Marrocos e medalla de prata en Polonia

#ANOSACANTEIRA viviu unha intensa fin de semana de torneos amigables en diferentes puntos de España, Europa e África.

Após unha espectacular xornada de onte sábado, varios equipos encararon o tramo decisivo da competición hoxe domingo:

En Tánxer (Marrocos), o San Tirso SD Infantil (na foto principal da noticia) proclamouse campión da IBN Battuta Cup 2023 ao derrotar (4-1) na final ao Real Valladolid e culminar así un gran torneo.

En Polonia, o Fabril FC Benxamín colgouse a medalla de prata da VII edición da International Steel Cup. Superou en semifinais ao conxunto sueco do IF Brommapojkarna pero caeu na quenda de penaltis da gran final co equipo polaco do Jagiellonia Białystok.

En Torrelavega (Cantabria), o Cadete caeu en semifinais da XII edición do Trofeo San Bernabé ante o Real Valladolid mentres que o outro representante de #ANOSACANTEIRA en Cantabria, o Infantil, quedou en cuartos de final, superado polo Atlético de Madrid na quenda de penaltis.

En Calamocha (Teruel), o Fabril FC Alevín finalizou en 4ª posición do Jamón Cup. O verdugo dos fabrilistas en semifinais foi o Real Betis.

Ademais, o Alevín A foi 8º no Torneo Internacional Vila de Ponte da Lima (Portugal) e o Benxamín A, 9º no Trofeo Cidade de Vilagarcía.

A maiores, tres equipos tiveron partido oficial esta semana.

O venres, o San Tirso SD Cadete, co obxectivo da permanencia cumprido, acabou a temporada cunha derrota sen consecuencias (0-1) co Bergantiños CF.

O mércores 31 de maio, o Cadete, campión da División de Honra hai xa varias xornadas, xogou como locatario pero no campo do seu rival, o ED Val Miñor Nigrán, o último partido de liga adiantado ao fin de semana. O triunfo, intranscendente, foi branquiazul (2-1) con tantos de Xián e Nico Ruiz, co que o equipo deportivista conclúe a liga con 107 puntos no máis alto.

E o Orzán SD Xuvenil Feminino venceu (1-4) ao SE Abellá SDEC na segunda semifinal da I edición da Copa da Coruña, a partido único e medirase este xoves 8 de xuño ás 18:00 en ABANCA-RIAZOR na gran final ao Victoria CF B, vencedor da outra semifinal ante o Sporting Cambre.

O martes 30, ademais do partido do Fabril FC Benxamín ante o ED Luis Calvo correspondente ás semifinais do Torneo Delegación, o Infantil, que o pasado domingo se proclamou brillante vencedor da División de Honra ao derrotar ao RC Celta nunha heroica final, enfrontouse nun amigable en Abegondo á Selección do Camiño, nun partido a beneficio de ASOTRAME (Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares e Enfermidades Oncohematolóxicas). O resultado, que é o de menos, favoreceu á selección (5-6) após unha bonito toma e daca.

A semana arrincou tamén o martes en Abegondo cun momento sinxelo pero especial nas carreiras branquiazuis de #ANOSACANTEIRA. A parede que precede á porta de saída do vestiario do fútbol formativo aos campos de Abegondo loce un mural no que figuran todos os canteiráns que, desde a posta en marcha da Cidade Deportiva en 2003, defenderon as nosas cores en categorías inferiores, do xuvenil para abaixo e chegaron a debutar en partido oficial co primeiro equipo branquiazul. Desde que o fixesen Ian Mackay, Trilli e Noel a principio da temporada 21-22, o martes tocoulle a quenda a todos os Deportivistas que debutaron co primeiro equipo desde entón: Pablo Brea, Yeremay Hernández, Brais Val, Edu Sousa, Dani Barcia e fai quince días, David Mella. Precisamente Ian Mackay manifestou que "cando me tocou a min foi algo importante porque é algo que queres desde pequeno: poder debutar co Dépor en partido oficial. Tardei bastante en poñela. Creo que son o máis veterano. Agora non lle dás importancia pero cando non esteas aquí ou cando te retires, vexas esa foto e vexas que cumpriches un soño que é defender este escudo para min é algo moi importante". Indicou que "os rapaces estaban moi emocionados. Déronse conta cando nos fixeron o corredor que hai moitos nenos que queren cumprir ese soño".

Finalmente, a orzanista Emma Gandoy foi convocada pola selección galega sub-15 para disputar a Fase Final Prata de Seleccións Autonómicas en Huelva do próximo 9 de xuño ao 11. O rival de Galicia en semifinais será Castela A Mancha o venres 9. A outra semifinal xogarana Canarias e a Comunidade Valenciana.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Categoría feminina
Copa da Coruña, semifinais (mércores 31): SE ABELLÁ SDEC 1 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 4 (Uxía López, Noe Gómez, Macarena González e Carlota Rubio)

Categoría cadete
38ª xornada (última, mércores 31): CADETE 2 (Xián e Nico Ruiz) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1

38ª xornada (última): SAN TIRSO SD CADETE 0 - BERGANTIÑOS CF 1

XII Torneo San Bernabé, en Cantabria
Primeira Fase, no campo de Vargas (Ponte Viesgo)
Venres 2 de xuño
AYRON CF 0 - CADETE 8 (José Rey -2-, Nico Ruiz, Xián -2-, Daniel, Carlos e Lucas)

Sábado 3 de xuño
SPORTING DE GIJÓN 2 - CADETE 0
CD PADURA 0 - CADETE 2 (Lucas e Xián)
CD GRUPO ANTOLÍN 0 - CADETE 9 (Daniel -3-, Rubén -2-, Towa -2- e Iker Gil -2-)

Domingo 4 de xuño
Oitavos de final
CADETE 1 (José Rey) - SD EIBAR 0

Cuartos de final
CADETE 1 (Rubén) - REAL RACING CLUB 0

Semifinais
CADETE 0 - REAL VALLADOLID 1

Categoría infantil
Amigable (martes 30): INFANTIL 5 (Gael -2-, Iker Casuso, Borja e Roi) - SELECCIÓN DO CAMIÑO 6

XII Torneo San Bernabé, en Cantabria
Primeira Fase
Venres 2 de xuño
INFANTIL 6 (Roi, Gael, Nico, Casuso -2- e Borja) - SD SOLARES 0

Sábado 3 de xuño
INFANTIL 4 (Casuso, Alberto -2- e Mateo) - OVIEDO VETUSTA 0
ALAVÉS 2 - INFANTIL 1 (Roi)
INFANTIL 1 (Trigo) - BASKAURI FE 0

Domingo 4 de xuño
Oitavos de final
INFANTIL 3 (Nico, Iago Vázquez e Roi) - REAL VALLADOLID 0

Cuartos de final
INFANTIL 1 (Borja) - ATLÉTICO DE MADRID 1. A penaltis: 3-2

IBN Battuta Cup 2023, en Tánxer (Marrocos)
Primeira Fase
Xoves 1 de xuño
SAN TIRSO SD INFANTIL 5 (Sergio Cortizo, Daniel, Lucas Vázquez, Antón e Guille) - ROUBAIX 0

Venres 2 de xuño
SAN TIRSO SD INFANTIL 9 (Raúl -2-, Pablo Vara, Sergio Cortizo -4-, Javi Seoane e Antón) - WYDAD XUVENTUDE TÁNXER 0
SAN TIRSO SD INFANTIL 6 (Nikolay, José Quiroga, Pablo Vara, Raúl -2- e Álex Martínez) - DREAM ACADEMY FOOTBALL 1

Sábado 3 de xuño
Oitavos de final
SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Raúl, Nikolay, Nico Naveiras e Sergio Cortizo) - CS AJAX TÁNXER 0

Cuartos de final
SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Javi Seoane, Sergio Cortizo, Raúl e Nikolay) - IRT TÁNXER 0

Semifinal
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - AS FAR RABAT 0. A penaltis: 3-1

Domingo 4 de xuño
Final
SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Nico Naveiras, Sergio Cortizo, Raúl e Álex Martínez) - REAL VALLADOLID 1

Categoría alevín
Torneo Internacional Vila de Ponte de Lima, no Estadio Municipal do Cruzeiro
Primeira Fase
Venres 2 de xuño
VALENCIA CF 1 - ALEVÍN A 0

Sábado 3 de xuño
ALEVÍN A 4 (Mario González -2-, Antón Vilariño e Daniel Alonso) - FC VIZELA 0

Cuartos de final
ALEVÍN A 0 - FC PORTO 1

Clasificación do 5º ao 8º
ALEVÍN A 0 - PARMA CALCIO '1913' 2

Domingo 4 de xuño
ALEVÍN A 0 - SL BENFICA 2

7ª edición da Jamón Cup, en Calamocha (Teruel)
Primeira Fase
Sábado 3 de xuño
LEVANTE UD 2 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Nacho Villanueva)
FABRIL FC ALEVÍN 4 (Nacho Villanueva -2- e David Gómez -2-) - SD HUESCA 2
CF SAN JOSÉ 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (David Gómez, Nacho Villanueva e Martín López)
FABRIL FC ALEVÍN 7 (Álvaro Gómez -3-, Hugo Macedo, Iván Gil, Nacho Villanueva e Enzo Pose) - CF CALAMOCHA 0

Domingo 4 de xuño
WAKATAKE 1 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (David Gómez, Nacho Villanueva, Álvaro Gómez e Enzo Pose)

Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Hugo Macedo) - VILARREAL CF 0

Semifinal
FABRIL FC ALEVÍN 0 - REAL BETIS 3

Final de consolación
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Álvaro Gómez) - RC CELTA 4

Categoría benxamín
IX Torneo Cidade de Vilagarcía, no campo Manuel Jiménez e Estadio de Fontecarmoa
Primeira Fase
Sábado 3 de xuño
FC PORTO 1 - BENXAMÍN A (Miguel Candal -2-)
ATHLETIC CLUB 1 - BENXAMÍN A 0
BANSANDER 1 - BENXAMÍN A 0
RC CELTA 2 - BENXAMÍN A 0
BENXAMÍN A 2 (Alejandro Astray e Hugo Bujía) - ED VAL MIÑOR 0

Domingo 4 de xuño
Posición do 9° ao 10°
BENXAMÍN A 2 (Hugo Quintela e Alejandro Astray) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1

Torneo Delegación, semifinal (martes 30): FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Leo Lorenzo e Alberto Novo) - ED LUÍS CALVO 2. A penaltis: 8-7

VII International Steel Cup, en Zakopane (Polonia)
Primeira Fase
Venres 2 de xuño
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Enzo Fernández e Antón Fernández) - KARPATY LWOW 1
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Enzo Fernánez e Mateo Songo'o) - ZALGIRIETIS WILNO 0
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Enzo Fernández e Alberto Novo) - ZNICZ PRUSZKOW 0
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Enzo Fernández) - RAKOW CZESTOCHOWA 0
FABRIL FC BENXAMÍN 9 (Leo Lorenzo -2-, Mateo Songo'o -2-, Breogán Díaz -2-, Enzo Fernández -2- e Yago Prieto) - UKS SOKOLIKI STARY SACZ 0

Sábado 3 de xuño
Fase Ouro
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Alberto Novo, Enzo Fernández e Leo Lorenzo) - DELTA WARSZAWA 0
MTK BUDAPEST FC 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Enzo Fernández e Leo Lorenzo)
BARÇA ACADEMY 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Mateo Songo'o)
SLASK WROCLAW 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Mateo Songo'o)
URSUS WARSZAWA 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Leo Lorenzo -2- e Mateo Songo'o)

Domingo 4 de xuño
Semifinais
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Enzo Fernández, Alberto Novo e Mateo Songo'o) - IF BROMMAPOJKARNA 1

Final
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Mateo Songo'o) - JAGIELLONIA BIAŁYSTOK 1. A penaltis: 0-2