RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

O Dépor Genuine conclúe un intenso mes de xuño practicando surf na praia de Riazor

O Dépor Genuine puxo esta mañá o punto e final a un intenso mes de xuño practicando surf na praia do Orzán na Coruña.

Así, unha nutrida representación do cadro deportivista recibiu unhas clases prácticas por xentileza da Federación Galega de surf antes de lanzarse a practicar un dos deportes máis populares en Galicia durante o verán.

O conxunto branquiazul completou así unha apertada axenda coa MS2 Cup en Vigo, o Torneo Internacional Ciudad de La Coruña na Cidade Deportiva de La Torre Arsenio Iglesias e un partido inclusivo no polideportivo do colexio Peñarredonda con alumnos de bacharelato do centro educativo. Todo iso após concluír LaLiga Genuine 2023-24 o pasado 8 de xuño.