RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Abonos 24-25

Deportivistas:

Esta temporada #OsNosos regresan ao fútbol profesional despois de catro campañas ‘no barro’. O voso apoio e ilusión foron claves para lograr o fito histórico de que os nosos dous primeiros equipos lograsen o ascenso. Este renacemento está a ser posible porque vós achegades forza cando máis falta fai e sodes o noso impulso cara á vitoria. Vivimos unha temporada apaixonante e culminamos con grandes alegrías, e logramos os obxectivos grazas a voso empuxe. Sodes o corazón e un piar fundamental deste Club. Foi unha longa travesía fóra do fútbol profesional, pero xa volvemos e atopámonos no camiño cara ao lugar que merecemos. Para logralo necesitamos seguir contando co poder de #ANosaForza.

A lealdade que mostrastes durante as catro temporadas que #OsNosos estiveron fóra do fútbol profesional, vai ter premio a temporada 2024/25.

O abono dos 15.656 socios que estiveron de maneira consecutiva os catro anos na Primera Federación, ten o mesmo prezo que na temporada 2019/20. Ademais, esta campaña mantense o abono Sub-25, favorecendo a un maior número de deportivistas entre os 15 e os 25 anos, así como o abono ADN Branquiazul, o abono de maiores de 65 anos, e o abono para persoas con diversidade funcional e desempregadas.

#AsNosas lograron o fito histórico de regresar á máxima categoría do fútbol nacional. Esta temporada 2024/25 van necesitar todo o voso apoio para conseguir os obxectivos marcados. O respaldo e a axuda de #ANosaForza será fundamental para que o Dépor ABANCA poida vivir momentos inesquecibles esta campaña.

Avecíñase unha temporada moi ilusionante e repleta de retos apaixonantes. O voso apoio volverá representar un valor extraordinario para seguir alcanzando as metas que temos por diante. Xuntos somos máis fortes.

Tan só por vós, deportivistas.

TODA A INFORMACIÓN SOBRE O TEU ABONO 24/25

DESCARGA A APP DO DÉPOR!

Image

A única forma de ter o teu carné do Dépor (e até outros 4 vinculados) no teu móbil

Toda a info do Club ao instante

Rexístrate cos teus datos e empeza a gozala desde xa

Se te rexistras cos teus datos de persoa socia poderás completar o proceso de renovación do teu abono

Máis información en www.rcdeportivo.es/app.

Ademais de en liña, tamén podes renovar mediante transferencia

Realiza un ingreso na conta do RC Deportivo:

ABANCA ES72 2080 0063 42 3040031088

Renova o abono indicando nome, apelidos e DNI da persoa abonada. Para formalizar a renovación, un requisito imprescindible é enviar un correo electrónico a atencion.deportivista@rcdeportivo.es achegando o xustificante bancario, copia do DNI, sinalando os datos da persoa abonada ou abono, a dirección postal se desexas que che enviemos o carné físico e indicando non asunto "Renovación por transferencia". Procederase a comprobar tanto a transferencia bancaria como os datos, e, posteriormente, farase efectiva a renovación respondendo o correo electrónico desde a Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD). Lembra que en caso de solicitar o carné físico debes engadir 3 euros á tarifa do teu abono na transferencia e indicar que SI desexas o carné físico.

CALENDARIO

Datas clave da campaña de abonos 2024/2025

TÁBOA DE PREZOS

Prezo do abono para as diferentes bancadas de ABANCA-RIAZOR

PLANO ESTADIO ABANCA-RIAZOR

OFICINA DE ATENCIÓN AO DEPORTIVISMO (OAD)

Renovación de abonos exclusivamente en liña.

Cambios de localidade e/ou modalidade do 30 de xullo ao 8 de agosto presencialmente, só con cita previa, en citaprevia.rcdeportivo.es.

Enderezo: avenida da Habana, s/n 15011 A Coruña

Correo electrónico: atencion.deportivista@rcdeportivo.es

Teléfono: 981 259 500 Extensión 1