RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Series de partidos once contra once en distancia ampla, tarefa principal esta mañá no Dépor

Unha serie de partidos en distancia ampla, no campo 2 de Abegondo, foi a tarefa principal do Deportivo hoxe mércores de cara á visita da Cultural Leonesa a ABANCA-RIAZOR, prevista para o sábado 19 de marzo ás 19:00 horas (fuchs-sports.com), en partido correspondente á 28ª xornada no grupo 1º de Primera RFEF.

Após un quecemento con rondos, Borja Jiménez dispuxo dous equipos de once xogadores e foi intercambiando sistemas e posicións durante toda a mañá. En mente está presente a folla de ruta para o choque ante os leoneses. Tal e como afirmou Adrián Lapeña onte ante os medios de comunicación, "o míster dános boas consignas, prepáranos plans para os partidos". Hoxe é un dos días fortes da semana dedicados a iso.

Noel, Yeremay, Alberto, Iván Guerrero e Trilli, este último con traballo individualizado, foron a representación de #ANOSACANTEIRA.

As ausencias no grupo, ademais do citado Trilli, foron Víctor e Álvaro Rey. Ambos os futbolistas continúan co seu plan específico de recuperación das súas respectivas lesións.

Mañá xoves 17 de marzo, o Dépor adestrarase de novo a partir das 10:30 en Abegondo.