RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Abertos desde as 12:00 os despachos de billetes do Palacio dos Deportes unicamente para atender incidencias de abonados e abonadas

Hoxe domingo 6 de outubro, día do partido ante o Málaga CF en ABANCA-RIAZOR (14:00 horas), abrirán os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 12:00 pero unicamente para atender incidencias de abonados e abonadas.

Xa que o encontro foi declarado de alto risco pola Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte non se venderán en despacho de billetes entradas de público, que unicamente estarán dispoñibles en calquera momento en bancada.es.

Os prezos oscilan entre os 135 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 35 euros de Marathón Superior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior. 

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.