RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Á venda as entradas de público para o partido ante o Málaga CF do domingo 6 de outubro ás 14:00 en ABANCA-RIAZOR

Xa están á venda as entradas de público para o partido do domingo 6 de outubro ás 14:00 fronte ao Málaga CF en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 8ª xornada en LaLiga Hypermotion. 

Os prezos oscilan entre os 135 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 35 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior. 

En Marathón Inferior as entradas son nominativas. Por conseguinte, aqueles abonados que queren comprar unha entrada de público para a dita bancada teñen que facelo de maneira presencial na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) presentando o DNI da persoa abonada. 

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es e na OAD co seguinte horario de luns a venres: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.