RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Irene Ferreras: "Cada persoa que entra en ABANCA-RIAZOR axúdanos e sentímola"

Irene Ferreras compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo a modo de previa ao enfrontamento contra o Athletic Club deste sábado 28 de setembro ás 20:30 (Dazn). A técnica sitúase "moi satisfeita co traballo do equipo", destaca o bo ambiente e "dá como positivo" o punto sumado fronte ao Betis.

No referente ao rival, Ferreras sinala que é "un dos máis difíciles da categoría, pero xa demostramos que podemos competir contra elas", referíndose ao seu recente enfrontamento no Trofeo Teresa Herrera. A adestradora das Nosas espera un rival vertical e con "moito talento na última liña".

Irene Ferreras insiste en que o balance das primeiras xornadas é "moi positivo", queda máis coas sensacións que cos resultados e insiste en que o equipo "está a crecer". Tamén sinala que aínda teñen "moita marxe de mellora", pero nota que se plasman os adestramentos nos partidos.

O factor ABANCA-RIAZOR "é unha sensación espectacular" comenta a míster, que aproveita para animar á xente a acudir ao estadio este sábado: "cada persoa que entra en ABANCA-RIAZOR axúdanos e sentímola". Avoga por gozar deste contexto e asegura que senten "unhas privilexiadas".