RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Cara e cruz para o Fabril FC Alevín e Benxamín A na Fase de Oro da Lanzarote International Cup

Dous equipos, Fabril FC Alevín (na foto da noticia) e Benxamín A, representan ao Dépor estes días na Lanzarote International Cup.

Ambos superaron con nota a Primera Fase e afrontaron hoxe venres con sorte dispar a Fase de Oro das súas respectivas categorías, xa por eliminatorias.

O Fabril FC Alevín caeu (1-3) en oitavos de final co CD Orientación Marítimo Rojo mentres que o Benxamín A disputará mañá sábado as semifinais despois de eliminar ao Sevilla FC en oitavos e ao Málaga CF en cuartos de final.

O calendario de partidos dos dous conxuntos branquiazuis, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría alevín
Lanzarote International Cup
Xoves 27 de xuño
Primera Fase
FABRIL FC ALEVÍN 8 (Nacho Villanueva -4-, Hugo Quintela -2-, Xiao Fontao e Miguel Candal) - CD ORIENTACIÓN MARÍTIMA AZUL 0
CÁDIZ CF 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Nacho Villanueva -2- e Hugo Álvarez)
CD EUROLAJARES 1 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Nacho Villanueva -2- e Xiao Fontao)
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Thiago López) - CD MARINO 1

Fase de Oro
Venres 28 de xuño
Oitavos de final
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Miguel Candal) - CD ORIENTACIÓN MARÍTIMO ROJO 3

Categoría benxamín
Lanzarote International Cup
Xoves 27 de xuño
Primera Fase
Xoves 27 de xuño
BENXAMÍN A 1 (Adrián Liñares) - CÁDIZ CF 1
BENXAMÍN A 0 - MANDALA 3
BENXAMÍN A 14 (Alberto Novo -5-, Mateo Songo'o -3-, Diego Castelo, Adrián Liñares, Yago Prieto, Álex Casado, Leo Lorenzo e Mateo Cardelle) - URANI FC 0
CD ORIENTACIÓN MARÍTIMA ROJO 0 - BENXAMÍN A 11 (Mateo Songo'o -5-, Antón Fernández -2-, Adrián Liñares -2-, Leo Lorenzo e Alberto Novo)

Venres 28 de xuño
Fase de Oro
Oitavos de final
BENXAMÍN A 4 (Álex Casado -2-. Antón Fernández e Yago Prieto) - SEVILLA FC 2

Cuartos de final
BENXAMÍN A 3 (Alberto Novo, Diego Castelo e Leo Lorenzo) - MÁLAGA CF 1

Sábado 29 de xuño
Semifinais
12:00: BENXAMÍN A - REAL SOCIEDAD