RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucas cre que "isto nos vai a facer máis fortes" e Helton ve ao equipo "xunto e con moita ilusión"

O capitán do RC Deportivo mostrouse serio, pero convencido na súa comparecencia, "penso que o equipo estivo ben, pero non estivemos acertados". Con todo, Lucas insiste en manter a tranquilidade, "todo o mundo comete erros, isto acaba de empezar, queda moito".

Ademais, o dianteiro aproveita para apelar á unión: "temos moita calidade humana e moita calidade como xogadores, isto vainos a facer máis fortes". "Témonos que sobrepor, somos un equipo, o equipo está unido e máis forte que nunca", engade o 7. Con respecto a Petxarroman, comenta que está triste, pero "está a adestrar de dez e non se lle pode reprochar nada".

Lucas insiste en seguir traballando no día a día e en que quere "volver a Abegondo a adestrar, isto é moi longo". Por último, apela a #ANOSAFORZA e á unión con ela: "sabemos que a nosa afección o venres vai ir a Albacete a animarnos e nós con eles a matar".

Pola súa banda, Helton Leite apunta que "nesta categoría os detalles son moi importantes". A pesar da derrota, o porteiro insiste en que "estamos moi motivados e coa mirada posta no futuro".

O brasileiro avoga por "ser máis eficaces nas áreas" e insiste en que "o equipo está xunto e con moita ilusión por seguir competindo".

Con 4 puntos na clasificación, apunta que "temos que cambiar isto. Temos que traballar moito. Estou con moita ilusión de seguir e todo o equipo tamén".