RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ALEVÍN A

O Alevín xa coñece o seu calendario no grupo norte do Trofeo Luis Calvo Sanz de fútbol 11

O Alevín xa coñece o seu calendario no grupo norte do Trofeo Luis Calvo Sanz de fútbol 11 que arrincará o vindeiro domingo 25 de febreiro.

Os rivais do conxunto deportivista serán o Atlético Coruña Montañeros CF, UC Cee, Racing de Ferrol, San Tirso SD, Ural Español CF, CD Lugo, CD Calasanz, Galicia Caranza, SD Residencia, ED Luis Calvo Sanz e Victoria CF.

O formato de competición é de liga a unha soa volta, e o campión disputará a final do trofeo a un partido contra o campión do grupo sur.

Os branquiazuis arrincan en Abegondo ante o Atlético Coruña Montañeros CF e conclúen tamén na Cidade Deportiva ante o Victoria CF.

O calendario do Alevín neste torneo é o seguinte:

Xornada 1 (25/02/2024)
Alevín - Atlético Coruña Montañeros CF

Xornada 2 (03/03/2024)
UC Cee - Alevín

Xornada 3 (10/03/2024)
Alevín - Racing de Ferrol

Xornada 4 (17/03/2024)
San Tirso SD - Alevín

Xornada 5 (24/03/2024)
Alevín - Ural Español CF

Xornada 6 (07/04/2024)
CD Lugo - Alevín

Xornada 7 (14/04/2024)
Alevín - CD Calasanz

Xornada 8 (21/04/2024)
Galicia Caranza - Alevín

Xornada 9 (28/04/2024)
Alevín - SD Residencia

Xornada 10 (01/05/2024)
ED Luis Calvo Sanz - Alevín

Xornada 11 (05/05/2024)
Alevín - Victoria CF