RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor aproveita a fin de semana sen liga para seguir sumando sensacións en ABANCA-RIAZOR

Co partido ante o DUX Internacional de Madrid, correspondente á 1ª xornada de liga en Primera Federación, oficialmente aprazado desde onte polo Xuíz Único de Competición da RFEF, Borja Jiménez aproveitou a xornada de hoxe sábado para que o seu cadro siga sumando sensacións en ABANCA-RIAZOR de cara á próxima cita, tamén na Coruña o sábado 3 de setembro ás 19:30 ante a Balompédica Linense.

Para moitos dos futbolistas actuais do cadro (Ibai Gómez, Rubén Díez, Víctor Narro, Santamaría...) a desta mañá é a terceira vez que pisaron ABANCA-RIAZOR no que vai de temporada (incluído o partido do Trofeo Teresa Herrera), polo que a xornada é valiosa neste sentido de cara ao definitivo arranque ligueiro da próxima fin de semana, de novo no Estadio.

O corpo técnico dispuxo un partido once contra once, a todo o campo, como tarefa principal. Borja fixo especial fincapé no transcurso do mesmo nas xogadas a balón parado. Un quecemento con rondos e unha tarefa de posesión completaron a estival mañá dunha fin de semana atípica para o equipo.

Con só Borja Granero con traballo individualizado, Yeremay, Dani Barcia, Jairo, Fito e Tim Caroutas foron hoxe os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá domingo haberá xornada de descanso. O Dépor volve aos adestramentos o luns 29 de agosto ás 10:30 en Abegondo.