RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe mércores en ANOSACANTEIRA, con cara e cruz para Xuvenil A e Benxamin A

Nunha semana con partidos practicamente todos os días, hoxe mércores 4 a quenda foi para o Xuvenil A, que caeu na Madroa co RC Celta (3-0) en choque da 12ª xornada na División de Honra aprazado no seu día polo temporal. 

Con este resultado, os deportivistas quedan con 31 puntos na 2ª praza por 33 dos célticos.

Tamén hoxe o Benxamín A, líder da Primera A Coruña de fútbol 8, impúxose por 10-1 ao Atlético Coruña Montañeros CF, esta vez en partido da 4ª xornada aprazado no seu día pola folga o persoal de conserxería das instalacións municipais da Coruña.

Precisamente o partido do Benxamín A ante o Ural Español CF onte martes en Abegondo correspondente á 7ª xornada abriu o pano a unha longa semana de competicion en ANOSACANTEIRA.

Venceron os branquiazuis (9-0) con tantos de Martín Coronel -2-, Nico Castro -2-, Pablo Couso, Joel Losada, Asier Ordax, David Santiago e César Leira.

A actividade continúa o venres 6, día festivo, ás 12:00 co San Tirso SD Cadete en Abegondo ante o UD Santa Mariña en choque da División de Honra.

O resto de equipos con competición xogan xa a fin de semana.

O sábado 7 celébrase un único partido: o Cadete, 2º na División de Honra, visita ao Pabellón Ourense CF (12:00 en Os Remedios).

Para o domingo 8 queda a visita do Fabril ao Salamanca CF UDS, ás 17:00 no Helmántico. Os salmantinos avantaxan en 1 punto aos fabrilistas na zona alta da Segunda Federación.

Tamén volve ter cita ligueira o Xuvenil A, neste caso en Oviedo, ás 12:00 no Requexón.

Descansan en liga esta fin de semana o Xuvenil B, Infantil, San Tirso SD Infantil, Alevín A, Fabril FC Alevín, Benxamín A e Fabril FC Benxamín.

Iso si, o Alevín A compite na Lointek Amorebieta-Etxano Cup; mentres que haberá triplo representación deportivista no Torneo Internacional Tucho de la Torre de Marín coa presenza do Fabril FC Alevín, Benxamín A e Fabril FC Benxamín.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
15ª xornada: SALAMANCA CF UDS - FABRIL, o domingo 8 de decembro ás 17:00 no Helmántico
Clasificación: ... 4. Real Avilés Industrial, 25 puntos; 5. Salamanca CF UDS, 23 puntos; 6. Rayo Cantabria e Fabril, 22 puntos; 8. SD Compostela, 21 puntos; 9. Real Valladolid Promesas, 20 puntos...

Categoría xuvenil
12ª xornada: RC CELTA 3 - XUVENIL A 0
14ª xornada: REAL OVIEDO - XUVENIL A, o domingo 8 de decembro ás 12:00 no Requexón
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 33 puntos; 2. Xuvenil A, 31 puntos; 3. Real Racing Club e Sporting de Gijón, 24 puntos...

Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 33 puntos; 2. Xuvenil B, 31 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 27 puntos...

Categoría cadete
13ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - CADETE, o sábado 7 de decembro ás 12:00 en Os Remedios
13ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - UD SANTA MARIÑA, o venres 6 de decembro ás 12:00 en Abegondo (campo de herba sintética)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 36 puntos; 2. Cadete, 33 puntos; 3. Arosa SC e ED Val Miñor Nigrán, 23 puntos... 7. Pabellón Ourense CF, 21 puntos; 8. San Tirso SD Cadete, 20 puntos; 9. UD Santa Mariña e CD Areosa, 16 puntos...

Categoría infantil
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 33 puntos; 2. RC Celta, 30 puntos; 3. Racing de Ferrol, 24 puntos... 6. San Tirso SD Infantil, 21 puntos...

Categoría alevín
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A, 15 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 12 puntos... 6. Fabril FC Alevín, 5 puntos...

Lointek Amorebieta-Etxano Cup en Txolon
Primera Fase
Sábado 7 de decembro
10:00: FC PORTO - ALEVIN A (campo 1)
12:00: ALEVÍN A - CAMPIÓN DA FASE PREVIA (campo 2)
13:30: REAL SOCIEDAD - ALEVÍN A (campo 2)

Os dous mellores do grupo e o mellor 3º dos 3 grupos acceden a cuartos de final, que comezará ás 16:00

IX Torneo Internacional Tucho de la Torre, en Marín
Primera Fase
Sábado 7 de decembro
11:00: CD LUGO - FABRIL FC ALEVÍN
13:00: FABRIL FC ALEVÍN - REAL VALLADOLID FEM.
14:30: SPORTING DE GIJÓN - FABRIL FC ALEVÍN
18:00: FABRIL FC ALEVÍN - SPORTING CP
20:00: FABRIL FC ALEVÍN - CAMPIÓN DA FASE PREVIA

Os 4 primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan xa o domingo 8 de decembro

Categoría benxamín
7ª xornada (martes 3): BENXAMÍN A 9 (Martín Coronel -2-, Nico Castro -2-, Pablo Couso, Joel Losada, Asier Ordax, David Santiago e César Leira) - URAL ESPAÑOL CF 0
4ª xornada: BENXAMÍN A 10 (Nico Castro -2-, Martín Coronel -2-, David Santiago -2-, Leo Galbán, César Leira, Joel Losada e Pablo Gómez) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1

Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, 21 puntos; 2. Fabril FC Benxamín (un partido menos), 15 puntos; 3. CD Calasanz (dous partidos menos), Ural Español CF (dous partidos menos) e Atlético Coruña Montañeros CF (dous partidos menos) 9 puntos...

IX Torneo Internacional Tucho de la Torre, en Marín
Primera Fase
Sábado 7 de decembro
11:30: SPORTING CP - BENXAMÍN A
15:30: BENXAMÍN A - REAL VALLADOLID FEM.
18:30: SPORTING DE GIJÓN - BENXAMÍN A
21:00: CAMPIÓN DA FASE PREVIA - BENXAMÍN A

Os 4 primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan xa o domingo 8 de decembro

IX Torneo Internacional Tucho de la Torre, en Marín
Primera Fase
Sábado 7 de decembro
10:30: PABELLÓN OURENSE CF - FABRIL FC BENXAMÍN
15:30: FABRIL FC BENXAMÍN - FC PORTO
18:30: FABRIL FC BENXAMÍN - RC CELTA
21:00: EF VILLA DE MARÍN - FABRIL FC BENXAMÍN

Os 4 primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan xa o domingo 8 de decembro