Un gol olímpico do Sárdoma CF freou en Abegondo ao Deportivo ABANCA B
Un gol olímpico do Sárdoma CF tombou en Abegondo ao Deportivo ABANCA B (0-1), en partido correspondente á 7ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.
As deportivistas trataron de refacerse do mazazo e apertaron ao rival pero non puideron cando menos rescatar un punto que quizais fose o máis xusto.
Con este resultado, o Deportivo ABANCA B é sexto na clasificación con 11 puntos.
Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Paula Novo, Ansede, Maria Calvo, Elena López 'Cusi', Carmen Carballada, Laura Testa, Noela, Paula Monteagudo, Tati e Trillo. Tamén xogaron: Laura Otero, Uxía Cabada e Marta Méndez.
A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B visita ao PM Friol.
Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B foron os seguintes:
Viaxes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela) Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0 Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico) Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1 Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0 UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati) Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1