RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Penas

COMO CREAR UNHA PEÑA?

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A TRAMITACIÓN DA INSCRICIÓN DAS ASOCIACIÓNS SEN ANIMO DE LUCRO QUE SE REXEN POLA LEI ORGÁNICA 1/2002, DO 22 DE MARZO (BOE DO 26-03-2002)

• Instancia solicitando a inscrición da Asociación

a. Nas asociacións de ámbito provincial: Solicitude asinada pola persoa designada para ese efecto na acta fundacional ou por representante da Asociación segundo os Estatutos dirixida á Xunta de Galicia. Delegación Consellería Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Delegación Provincial. Servizo de Interior. Edificio Administrativo Monelos - praza Luis Seoane s/n 15071 A Coruña. Nas Asociacións de Carácter Autonómico a instancia dirixirase ao Ilmo. Sr. Director Xeral de Interior e Protección Civil

Acta fundacional por duplicado coas firmas orixinais das persoas asistentes á Asemblea na que se acorda constituír a asociación e se designan os membros dos órganos de goberno provisionais.

Dous exemplares dos Estatutos, asinados en todas as súas follas con firmas orixinais de, polo menos, tres promotores co seu DNI

•Documentación acreditativa da personalidade:

a. Se os promotores son persoas Físicas deberán remitir COPIA DO DNI

b. Se son persoas xurídicas certificación do acordo adoptado polo órgano competente no que apareza a vontade de constituír a asociación e formar parte dela así como a designación da persoa física que a representará (quen tamén deberá acreditar a súa identidade coa remisión da copia do DNI). As persoas xurídicas acreditarán a súa existencia presentando copia compulsada de acta notarial de constitución ou calquera outro documento admitido en dereito a tal fin.

c. Os promotores menores non emancipados maiores de 14 anos deberán achegar un documento acreditativo do consentimento da persoa que deba suplir á súa capacidade.

•Taxas. Segundo a lexislación orzamentaria vixente.