Á venda na OAD desde este xoves 2 para os abonados e abonadas as entradas para o Málaga CF - Deportivo
Desde mañá xoves 2 de xaneiro están á venda na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) do Estadio de ABANCA-RIAZOR na Avenida da Habana s/n as entradas para os abonados que desexen animar ao Deportivo o vindeiro sábado 11 de xaneiro ás 18:30 na Rosaleda.
Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas (ata 2 por abono) indique nome e apelidos; DNI, copia ou imaxe, de cada persoa que as vai a utilizar, e que unha delas pertenza á persoa titular do abono; e un correo electrónico para o que o Málaga CF envíe as entradas.
O club malagueño ha asignado un total de 564 localidades na bancada visitante ao prezo de 20 euros. O 40% das mesmas, un total de 226, serán xestionadas pola Federación de Peñas.
A data límite será o mércores 8 de xaneiro ás 13:30. O horario da OAD é de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.