RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Abegondo acolleu a segunda xornada da Liga Galega de deporte adaptado

A Cidade Deportiva de Abegondo foi o escenario, esta tarde, da 2ª xornada da III Liga Galega de Fútbol 8, categoría adaptada, zona norte.

O Dépor Genuine foi o anfitrión ante Racing de Ferrol (A e B) e o Difunga. Os branquiazuis enfrontáronse ao segundo equipo departamental e ao conxunto do Club Deportivo Diversidade Funcional Galicia.

Os resultados do día para Os Nosos foron:

Difunga 2 - Depor 6 (Antonio Cagiao -3-, Dani Granell, Miguel Rivas e Álex Rey)
Racing de Ferrol B 1 - Depor 3 (Álex Rey -2-, Miguel Rivas)