Albert Gil, novo director de fútbol formativo do RC Deportivo
Albert Gil Galve (Barcelona, 27 de decembro de 1975) será, desde mañá, novo director de fútbol formativo do RC Deportivo após a finalización da vinculación contractual do, até hoxe, director de canteira, Fran González Pérez.
Albert Gil incorporouse ao RC Deportivo como coordinador das categorías inferiores o 30 de xuño de 2014, desenvolvendo esas mesmas funcións ata hai dúas temporada. Durante todo ese tempo coordinou ao extenso equipo de profesionais que conforman o fútbol formativo do Club, que nos últimos anos logrou destacados éxitos como o campionato de España alcanzado polo Xuvenil que acabou disputando a histórica UEFA Youth League ou a confección dun Fabril que estivo a piques de lograr o ascenso no seu día a LaLiga SmartBank. Ademais dos resultados dos equipos, foi o responsable dos grupos de traballo que formaron aos xogadores de canteira que, após anos de formación, están a destacar no fútbol profesional e no primeiro equipo desde hai un lustro.
Doutor en Educación Física, Adestrador UEFA Prol e Máster en alto rendemento de fútbol, chegou ao RC Deportivo após ser coordinador da canteira de clubs como a Valencia, Tigres de México e Real Madrid.
O RC Deportivo quere agradecer a Fran González o traballo realizado durante as últimas tres temporadas como director de fútbol formativo, na súa segunda etapa, após a de futbolista, no Club, desexándolle os maiores éxitos persoais e profesionais nos seus futuros proxectos.