RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
BENXAMÍN A

Alta efectividade en ataque do Benxamín A ante o FC Grande Obra

O Benxamín A exhibiu unha alta efectividade en ataque (14-0) no seu primeiro partido de liga no subgrupo 1º de Primera A Coruña de fútbol 8 ante o FC Grande Obra.

Alberto Novo -4-, Leo Lorenzo -3-, Mateo Songo'o -2-, Andrés Valencia, Álex Casado, Adrián Liñares, Mateo Cardelle e Diego Castelo foron os goleadores branquiazuis.

Benxamín A: Antar Teijeiro, Yago Prieto, Breogán Díaz, Adrián Liñares, Antón Fernández, Leo Lorenzo, Mateo Songo'o e Alberto Novo. Tamén xogaron: Mateo Cardelle, Samuel Rodríguez, Álex Casado, Diego Castelo e Andrés Valencia.

Este mércores 1 de novembro, día festivo, o equipo que dirixen Jacobo Saco e Nano Macedo mídese ao Oza Juvenil SD, a partir das 12:30 na Torre (campo 2.2) na 2ª xornada.