RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Antía Veiga participou na goleada de España sub-17 a Alemaña nun amigable

Antía Veiga estivo concentrada coa selección española sub-17 para un amigable ante Alemaña hoxe xoves 9 de xaneiro no Albin Garden Resort de Alacante.

O partido acabou en goleada española por 4-0 e a canteirá branquiazul participou nos últimos 15 minutos ao relevar á súa compañeira Alba Fuentes.

A xogadora deportivista incorporouse á concentración de España o pasado martes 7 de xaneiro e regresou hoxe mesmo á Coruña.

Este partido serve para preparar a inminente Rolda 2 de clasificación para o Europeo da categoría onde as españolas se medirán a Bélxica, Islandia e Ucraína. 

Antía Veiga tamén xogou o pasado ano 2024 dous amigables coa sub-17 ante Inglaterra en Alfaz del Pi.

Esta pretemporada, adestrouse co primeiro equipo e chegou a debutar no amigable ante o Real Oviedo Femenino disputado o pasado 21 de agosto en Abegondo.

Con ficha do Orzán SD Cadete, a gardameta orzanista é habitual nas convocatorias do Deportivo ABANCA B en Tercera Federación.