RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
SAN TIRSO SD

Bo nivel do San Tirso SD Cadete aínda que non puido evitar a derrota ante o RC Celta

O San Tirso SD Cadete disputou un notable partido ante o RC Celta (1-3), correspondente á 6ª xornada na División de Honra.

A pesar de que os vigueses se puxeron rápido en vantaxe no marcador con dous goles (minutos 11 e 15), Antón volveu meter ao seu equipo no partido co seu tanto no minuto 60. Os célticos só foron capaces de sentenciar cun terceiro gol no último minuto.

Con este resultado, o equipo de Kata Sicardi é 15º na táboa con 4 puntos.

San Tirso SD Cadete: Antón, Adrián, Antón, Ander, Trigo, Mauro, Gael, Álex Domínguez, Pablo Crespo, Borja e Samba. Tamén xogaron: Joaquín, Héctor, Roi e Guille.

Esta pasada semana, Gael, Mauro e Samba foron convocados pola selección galega sub-16 para disputar un partido amigable no campo de Valiño de Boiro ante o CD Boiro de Liga Nacional xuvenil.

A próxima xornada, o San Tirso SD Cadete visita ao Arosa SC.

Os resultados até a data do San Tirso SD Cadete son os seguintes:

San Tirso SD Cadete 1 (Gael) - CD Areosa 2
Victoria CF 0 - San Tirso SD Cadete 2 (Pablo e Gael)
San Tirso SD Cadete 0 - ED Xuventude de Oroso 1
Pabellón Ourense CF 1 - San Tirso SD Cadete 1 (un futbolista rival en propia meta)
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - San Tirso SD Cadete 0
San Tirso SD Cadete 1 (Antón) - RC Celta 3