Claudia Sande, futbolista de categoría cadete que xa compite co Orzán SD Sub-21 de Primera Autonómica, estivo concentrada coa selección española sub-15 en Portugal con motivo dun Torneo Desarrollo UEFA.
A canteirá deportivista (na foto co dorsal 7) regresa á Coruña despois de pechar a competición con pleno de vitorias.
Hoxe xoves ante a anfitrioa Portugal na Cidade do Futebol da Federación Portuguesa de Fútbol, a xogadora orzanista saltou ao cesped no minuto 64 en substitución de María Rius nun encontro gañado por España por 0-2.
No segundo partido do torneo o pasado luns no Complexo Municipal de Carla Sacramento en Amora, Claudia Sande foi titular no triunfo ante Bélxica (2-1). Foi relevada no minuto 50 por María Rius.
A 1ª xornada disputouse o sábado 16. Alemaña foi o rival das españolas no Complexo Desportivo Municipal de Palmela.
Claudia Sande tamén participou nun choque con vitoria española (0-2) ao relevar a María Rius no minuto 75.
Os resultados da selección española sub-15 neste Torneo Desarrollo UEFA foron os seguintes:
Sábado 16 de novembro ALEMAÑA 0 - ESPAÑA 2
Luns 18 de novembro ESPAÑA 2 - BÉLXICA 1
Xoves 21 de novembro PORTUGAL 0 - ESPAÑA 2
A dianteira orzanista foi convocada no pasado mes de setembro para uns adestramentos na Ciudad del Fútbol de Las Rozas con este mesmo combinado nacional.