RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O partido do Infantil A ante o CD Conxo Santiago, mañá venres en Abegondo, abre unha nova fin de semana de competición en ANOSACANTEIRA

O partido entre o Infantil A e o CD Conxo Santiago, correspondente á 10ª xornada na División de Honra, que se xogará mañá venres ás 19:15 en Abegondo abre unha nova fin de semana de competición en ANOSACANTEIRA.

Os branquiazuis son líderes da categoría con 27 puntos por 24 do RC Celta.

A xornada ten o domingo 24 os seus dous pratos fortes.

A Fabril visita ao Bergantiños CF nas Eiroas a partir das 17:00 horas.

Os fabrilistas, instalados na zona cómoda da táboa, chegan co mal sabor de boca da derrota da pasada fin de semana en Abegondo ante o Coruxo FC.

Na División de Honra toca #ONOSODERBI no máis alto da táboa. O Xuvenil A de Miguel Figueira, líder con 28 puntos, visita ao RC Celta, 2º clasificado con 27, ás 12:00 na Madroa. 

Antes, o sábado 23 xóganse 3 partidos en Abegondo (o Xuvenil B ante o CD Lugo ás 16:00, o Alevín A ante o Orillamar SD ás 12:00 e o Benxamín A fronte ao Silva SD ás 10:30) e un máis no Monte (o San Tirso SD Cadete ante a SD Compostela ás 12:15).

Completa a xornada do sábado dous partidos ás 16:00: a visita do Cadete ao ED Xuventude de Oroso (no Liño Balado de Sigüeiro) e a do San Tirso SD Infantil ao ED Val Miñor Nigrán (en Condomínguez).

Foron suspendidos os encontros de fútbol 8 do Fabril FC Alevín e Fabril FC Benxamín pola folga do persoal de conserxería das instalacións municipais coruñesas.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
13ª xornada: BERGANTIÑOS CF - FABRIL, o domingo 24 de novembro ás 17:00 nas Eiroas
Clasificación: ... 5. Rayo Cantabria e Real Avilés Industrial, 21 puntos... 7. Fabril, 19 puntos; 8. SD Compostela e UP Langreo, 17 puntos; 10. Real Valladolid Promesas e Bergantiños CF, 16 puntos...

Categoría xuvenil
12ª xornada: RC CELTA - XUVENIL A, o domingo 24 de novembro ás 12:00 na Madroa (campo 2)
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 28 puntos; 2. 2. RC Celta, 27 puntos; 3. Real Racing Club e Sporting de Gijón, 21 puntos...

12ª xornada: XUVENIL B - CD LUGO, o sábado 23 de novembro ás 16:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 28 puntos; 2. RC Celta B e Pabellón Ourense CF, 27 puntos, 4. Racing de Ferrol, 24 puntos... 11. CD Lugo, 14 puntos...

Categoría cadete
11ª xornada: ED XUVENTUDE DE OROSO - CADETE, o sábado 23 de novembro ás 16:00 no campo Lino Balado (Sigüeiro)
11ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - SD COMPOSTELA, o sábado 23 de novembro ás 12:15 no Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 30 puntos; 2. Cadete, 27 puntos... 6. SD Compostela, 18 puntos... 9. San Tirso SD Cadete, 14 puntos... 16. ED Xuventude de Oroso, 5 puntos...

Categoría infantil
10ª xornada: INFANTIL - CD CONXO SANTIAGO, mañá venres 22 de novembro ás 19:15 en Abegondo
10ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 23 de novembro ás 16:00 en Condomínguez (Nigrán)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 27 puntos; 2. RC Celta, 24 puntos; 3. Racing de Ferrol, 21 puntos; 4. ED Val Miñor Nigrán, 19 puntos; 5. San Tirso SD Infantil, 18 puntos... 10. CD Conxo Santiago, 10 puntos...

Categoría alevín
5ª xornada: ORILLAMAR SD - ALEVÍN A, o sábado 23 de novembro ás 12:00 en Abegondo (campo de céspede artificial)

4ª xornada (xogado o pasado martes): CD CALASANZ 3 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Mateo Songo'o -2- e Enzo Fernández)
5ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - IMPERÁTOR OAR, suspendido
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º: 1. Alevín A e Victoria CF, 9 puntos... 6. Fabril FC Alevín (un partido máis), 2 puntos; 7. Orillamar SD, 1 punto...

Categoría benxamín
5ª xornada: SILVA SD - BENXAMÍN A, o sábado 23 de novembro ás 10:30 en Abegondo (campo de céspede artificial)

4ª xornada: OZA JUVENIL SD - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 23 de novembro ás 12:00 en Abegondo (campo de céspede artificial)
5ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - CD CALASANZ, suspendido
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º: 1. Benxamín A, 9 puntos; 2. CD Calasanz, Ural Español CF, Atlético Coruña Montañeros CF, Fabril FC Benxamín e Victoria CF, 6 puntos... 10. Silva SD, 0 puntos