A xornada en ANOSACANTEIRA tiña mañá domingo 24 de novembro os seus dous pratos fortes.
O Fabril visita ao Bergantiños CF nas Eiroas a partir das 17:00 horas.
Os fabrilistas, instalados na zona cómoda da táboa de Segunda Federación, chegan co mal sabor de boca da derrota da pasada fin de semana en Abegondo ante o Coruxo FC.
É baixa por sanción Luisao, que foi expulsado ante os vigueses; ademais dos lesionados Pereira, Mardones e Kevin Sánchez.
Na División de Honra tocaba #ONOSODERBI no máis alto da táboa. O Xuvenil A de Miguel Figueira, líder con 28 puntos, visitaba ao RC Celta, 2º clasificado con 27, ás 12:00 na Madroa.
Con todo, o encontro foi suspendido polas inclemencencias meteorolóxicas previstas para as próximas horas.
Antes, este sábado 23 disputáronse 4 partidos en Abegondo: o Xuvenil B caeu (1-2) ante o CD Lugo; e venceron o Alevín A por 0-4 ao Orillamar SD, o Benxamín A por 1-12 ao Silva SD e o Fabril FC Benxamín por 1-9 ao Oza Juvenil SD. Ademais xogouse un máis no Monte, o do San Tirso SD Cadete ante a SD Compostela (2-0).
Completaron a xornada do sábado outros dous partidos fóra de casa: a visita do Cadete ao ED Xuventude de Oroso (2-5) e a do San Tirso SD Infantil ao ED Val Miñor Nigrán (3-1).
Foron suspendidos dous encontros de fútbol 8 pola folga do persoal de conserxería das instalacións municipais coruñesas.
O triunfo do Infantil A (3-0) ante o CD Conxo Santiago, correspondente á 10ª xornada na División de Honra, abriu o venres unha nova fin de semana de competición en ANOSACANTEIRA.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
13ª xornada: BERGANTIÑOS CF - FABRIL, mañá domingo 24 de novembro ás 17:00 nas Eiroas
Categoría xuvenil
División de Honra, 12ª xornada: RC CELTA - XUVENIL A, suspendido
Liga Nacional, 12ª xornada: XUVENIL B 1 (Jorge) - CD LUGO 2
Categoría cadete
División de Honra, 11ª xornada: ED XUVENTUDE DE OROSO 2 - CADETE 5 (Borja -2-, Elías, Ramón e Yago Trigo)
División de Honra, 11ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Sergio Cortizo e Nico Giovanni) - SD COMPOSTELA 0
Categoría infantil
División de Honra, 10ª xornada: INFANTIL 3 (Jaime, Thiago e Adrián) - CD CONXO SANTIAGO 0
División de Honra, 10ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN 3 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Carlos Crespo)
Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 5ª xornada: ORILLAMAR SD 0 - ALEVÍN A 4 (Hugo Bujía, Thiago López, Alejandro Astray e Mateo Cortizas)
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 4ª xornada (xogado o pasado martes): CD CALASANZ 3 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Mateo Songo'o -2- e Enzo Fernández)
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 5ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - IMPERÁTOR OAR, suspendido
Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 5ª xornada: SILVA SD 1 - BENXAMÍN A 12 (Nico Castro -4-, Martín Coronel -3-, Gael Fernández, César Leira, Leo Barro -2- e Leo Galbán)
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 4ª xornada: OZA JUVENIL SD 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 9 (Xosé Varela -2-, Tomás Sánchez -2-, Hugo Cancela -2-, Nico Mariño, Pablo Campanero e Fabio Álvarez)
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 5ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - CD CALASANZ, suspendido