Resultados en ANOSACANTEIRA feminina na última xornada do ano
Hoxe domingo xogáronse 3 partidos en ANOSACANTEIRA feminina.
O Orzán SD Sub-21, líder da Primera Autonómica, goleou ao Sporting Cambre (1-8); mentres que o Orzán SD Xuvenil de Segunda Autonómica non puido (5-1) co Sporting Burgo.
Finalmente o Orzán SD Infantil A (na foto principal) e o B (na foto inferior) víronse as caras na Torre con triunfo por 6-0 para as primeiras.
Onte sábado, o Orzán SD Cadete, líder do subgrupo 1º da Liga Galega, caeu pola mínima (1-2) na Torre co Racing de Ferrol.
Descansa até despois do nadal o Deportivo ABANCA B, que acabou o ano 2024 e a primeira volta a fronte da Tercera Federación, con 1 punto de vantaxe sobre o Olímpico de León.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Primera Autonómica 14ª xornada: SPORTING CAMBRE 1 - ORZÁN SD SUB-21 8 (Dunia Dahmouni, Jasmina Couto, Paula Martínez, Daniela Macedo -3-, Noelia Furelos e Sofía Rodríguez)
Liga Galega cadete 10ª xornada: ORZÁN SD CADETE 1 (Marta Moreno) - RACING DE FERROL 2
Liga Galega infantil 10ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 6 (Alba García -2-, Leire Vicente -2-, María López-Perales e Carolina Lago) - ORZÁN SD INFANTIL B 0