ANOSACANTEIRA encara a última fin de semana de competición do ano 2024.
Para mañá domingo 22 queda o partido de liga do Fabril, o seu terceiro nesta semana, ás 12:00 no campo do Malecón ante a RS Gimnástica de Torrelavega.
Os fabrilistas chegan co sabor agridoce da derrota do pasado mércores nas Eiroas ante o Bergantiños CF (2-1), cos goles locais en dous remates de cabeza após saques de esquina.
O outro partido da xornada é o do Xuvenil B (na foto da noticia), que visita na Grela 1 (12:15) ao Victoria CF.
No equipo branquiazul Mauro Valeiro, habitual no once a pesar de ser aínda de categoría cadete, participou esta semana nuns adestramentos coa selección española sub-16.
Hoxe sábado 21 de decembro xogáronse 9 partidos, incluídos os alevíns e benxamíns na Torre e San Pedro de Visma respectivamente.
Destaca o partido do Xuvenil A, que venceu por 5-2 na Cidade Deportiva ao Atlético Coruña Montañeros CF.
Os branquiazuis coñeceron esta semana o seu rival nos dezaseisavos de final da Copa del Rey. Será o Sporting de Gijón en Abegondo a fin de semana do 11 ou 12 de xaneiro.
Tamén na Cidade Deportiva o San Tirso SD Cadete, na zona media da División de Honra, goleou (5-0) ao Salgueiriños CF.
Fóra de casa venceron os dous equipos infantís: o Dépor en Ourense ante o Pabellón (0-3) e o San Tirso SD no campo coruñés da Grela 1 fronte ao Atlético Coruña Montañeros CF (2-3).
Finalmente descansa o Cadete, cuxo partido desta xornada ante o Arosa SC xogarase o sábado 4 de xaneiro de 2025 no campo Manuel Jiménez Abalo de Vilagarcía.
O calendario de partidos, cos partidos dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
17ª xornada: RS GIMNÁSTICA DE TORRELAVEGA - FABRIL, mañá domingo 22 de decembro ás 12:00 no Malecón
Categoría xuvenil
División de Honra, 16ª xornada: XUVENIL A 5 (Lucas -3-, Hugo Torres e Vergara) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2
Liga Nacional, 15ª xornada: VICTORIA CF - XUVENIL B, mañá domingo 22 de decembro ás 12:15 na Grela 1
Categoría cadete
División de Honra, 15ª xornada: AROSA SC - CADETE, mañá sábado 4 de xaneiro ás 12:00 no campo Manuel Jimenez Abalo (Vilagarcía)
División de Honra, 15ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 5 (Yerobe, Jurgen, José Quiroga, Anxo e Sergio Cortizo) - SALGUEIRIÑOS CF 0
Categoría infantil
División de Honra, 13ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF 0 - INFANTIL 3 (Íker Obeso, Thiago Montes e Hugo Ferreirós)
División de Honra, 13ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2 - SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Carlos Crespo, Mario González e Yoel Darriba)
Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, 9ª xornada: ALEVÍN A 13 (Hugo Álvarez -3-, Hugo Quintela -2-, Miguel Candal -2-, Mateo Cortizas -2-, Lucas Albor -2-, Thiago López e Nico Rodríguez-Ponce) - IMPERÁTOR OAR 0
Primera A Coruña de fútbol 8, 9ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 3 - FABRIL FC ALEVÍN 0
Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, 9ª xornada: BENXAMÍN A 10 (Nico Castro -4-, César Leira -2-, David Santiago -2-, Joel Losada e Asier Ordax) - CD CALASANZ 1
Primera A Coruña de fútbol 8, 9ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 9 (Pablo Campanero -3-, Hugo Cancela -2-, Fabio Álvarez, Xosé Varela, Saúl Gómez e Ian Lata)