O RC Deportivo mostra o seu compromiso coa saúde dos seus deportistas con charlas formativas
O RC Deportivo mantén o seu firme compromiso coa saúde dos deportistas que integran #ANOSACANTEIRA.
Proba diso son unha serie de charlas dirixidas inicialmente ao Fabril e aos dous equipos xuvenís que teñen lugar na sala de usos múltiples da Cidade Deportiva de Abegondo.
O obxectivo é o de informar os xogadores dos riscos e á vez concienciar sobre os graves prexuízos para a saúde de diferentes consumos que poden acabar nunha adicción.
Os relatores foron Alejandro Mejuto, responsable dos Servizos Médicos; Elkin Flórez, da área Psicoeducativa; e Ismael Arilla, da área Deportiva.
Asistiron, ademais dos futbolistas e técnicos, Fernando Soriano, Director Deportivo; Antonio Ventura, Responsable de Adestramento Fútbol Formativo; Martín Castiñeira, Responsable de Captación Fútbol Formativo; e Laura Mella, Educadora na residencia.