ANOSACANTEIRA encara a última fin de semana de competición do ano 2024.
Mañá sábado 21 de decembro están previstos 9 partidos, cos alevíns e benxamíns na Torre e San Pedro de Visma respectivamente.
Destaca o partido do Xuvenil A, que se mide na Cidade Deportiva ás 16:00 ao Atlético Coruña Montañeros CF.
Os branquiazuis coñeceron esta semana o seu rival nos dezaseisavos de final da Copa del Rey. Será o Sporting de Gijón en Abegondo a fin de semana do 11 ou 12 de xaneiro.
Tamén na Cidade Deportiva o San Tirso SD Cadete, na zona media da División de Honra, mídese a partir das 11:30 ao Salgueiriños CF.
Fóra de casa compiten os dous equipos infantís: o Dépor en Ourense ante o Pabellón (16:00) e o San Tirso SD no campo coruñés da Grela 1 fronte ao Atlético Coruña Montañeros CF.
Para o domingo 22 queda o partido de liga do Fabril, o seu terceiro nesta semana, ás 12:00 no campo do Malecón ante a RS Gimnástica de Torrelavega.
Os fabrilistas chegan co sabor agridoce da derrota do pasado mércores nas Eiroas ante o Bergantiños CF (2-1), cos goles locais en dous remates de cabeza após saques de esquina.
O outro partido da xornada é o do Xuvenil B, que visita na Grela 1 (12:15) ao Victoria CF.
No equipo branquiazul Mauro Valeiro, habitual no once a pesar de ser aínda de categoría cadete, participou esta semana nuns adestramentos coa selección española sub-16.
Finalmente descansa o Cadete, cuxo partido desta xornada ante o Arosa SC xogarase o sábado 4 de xaneiro de 2025 no campo Manuel Jiménez Abalo de Vilagarcía.
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación
17ª xornada: RS GIMNÁSTICA DE TORRELAVEGA - FABRIL, o domingo 22 de decembro ás 12:00 no Malecón
Clasificación: ... 4. Real Avilés Industrial e Salamanca CD UDS, 26 puntos; 6. Fabril, 25 puntos; 7. Rayo Cantabria e Marino de Luanco, 24 puntos... 15. RS Gimnástica de Torrelavega, 13 puntos...
Categoría xuvenil
16ª xornada: XUVENIL A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS, mañá sábado 21 de decembro ás 16:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 39 puntos; 2. Xuvenil A, 37 puntos; 3. Sporting de Gijón, 30 puntos... 12. Atlético Coruña Montañeros CF, 15 puntos...
15ª xornada: VICTORIA CF - XUVENIL B, o domingo 22 de decembro ás 12:15 na Grela 1
Clasificación da liga Nacional: 1. RC Celta B, 36 puntos; 2. Xuvenil B, 34 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 31 puntos... 13. Victoria CF, 16 puntos...
Categoría cadete
15ª xornada: AROSA SC - CADETE, mañá sábado 4 de xaneiro ás 12:00 no campo Manuel Jimenez Abalo (Vilagarcía)
15ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - SALGUEIRIÑOS CF, mañá sábado 21 de decembro ás 11:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 42 puntos; 2. Cadete, 39 puntos; 3. Arosa SC, 29 puntos... 8. San Tirso SD Cadete, 21 puntos... 14. Salgueiriños CF, 14 puntos...
Categoría infantil
13ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - INFANTIL, mañá sábado 21 de decembro ás 16:00 en Os Remedios (Ourense)
13ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - SAN TIRSO SD INFANTIL, mañá sábado 21 de decembro ás 12:00 na Grela 1
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 36 puntos; 2. RC Celta, 33 puntos... 4. Pabellón Ourense CF, 26 puntos... 6. San Tirso SD Infantil, 21 puntos... 8. Atlético Coruña Montañeros CF, 17 puntos...
Categoría alevín
9ª xornada: ALEVÍN A - IMPERÁTOR OAR, mañá sábado 21 de decembro ás 12:30 na Torre (campo 2.1)
9ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - FABRIL FC ALEVÍN, mañá sábado 21 de decembro ás 10:30 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Alevín A, 21 puntos; 2. Ural Español CF (un partido menos), 15 puntos... 6. Fabril FC Alevín (un partido menos), 8 puntos... 8. Imperátor OAR (un partido menos), 3 puntos...
Categoría benxamín
9ª xornada: BENXAMÍN A - CD CALASANZ, mañá sábado 21 de decembro ás 9:30 en San Pedro de Visma (campo 2)
9ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - FABRIL FC BENXAMÍN, mañá sábado 21 de decembro ás 9:30 en San Pedro de Visma (campo 2)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Benxamín A, 24 puntos; 2. Fabril FC Benxamín, 21 puntos; 3. CD Calasanz (un partido menos), 15 puntos... 5. Atlético Coruña Montañeros CF (un partido menos), 12 puntos...