RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA, hoxe domingo con empate do Fabril e triunfo do Xuvenil B

ANOSACANTEIRA completou a última fin de semana de competición do ano 2024.

Para hoxe domingo 22 quedou o partido de liga do Fabril (na foto da noticia), o seu terceiro nesta semana, no campo do Malecón ante a RS Gimnástica de Torrelavega.

O filial logrou sumar 1 punto ao igualar (1-1) un partido no que sobresaíu o meta e capitán branquiazul Alberto.

O outro partido da xornada foi o do Xuvenil B, que venceu na Grela 1 (1-2) ao Victoria CF con dobrete de Miguel de Labra, pichichi da categoría con 20 goles en 15 partidos.

No equipo branquiazul Mauro Valeiro, habitual no once a pesar de ser aínda de categoría cadete, participou esta semana nuns adestramentos coa selección española sub-16.

Onte sábado 21 de decembro xogáronse 9 partidos, incluídos os alevíns e benxamíns na Torre e San Pedro de Visma respectivamente.

Destaca o partido do Xuvenil A, que venceu por 5-2 na Cidade Deportiva ao Atlético Coruña Montañeros CF.

Os branquiazuis coñeceron esta semana o seu rival nos dezaseisavos de final da Copa del Rey. Será o Sporting de Gijón en Abegondo a fin de semana do 11 ou 12 de xaneiro.

Tamén na Cidade Deportiva o San Tirso SD Cadete, na zona media da División de Honra, goleou (5-0) ao Salgueiriños CF.

Fóra de casa venceron os dous equipos infantís: o Dépor en Ourense ante o Pabellón (0-3) e o San Tirso SD no campo coruñés da Grela 1 fronte ao Atlético Coruña Montañeros CF (2-3).

Finalmente descansou o Cadete, cuxo partido desta xornada ante o Arosa SC xogarase o sábado 4 de xaneiro de 2025 no campo Manuel Jiménez Abalo de Vilagarcía.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
17ª xornada: RS GIMNÁSTICA DE TORRELAVEGA 1 - FABRIL 1 (Bil)

Categoría xuvenil
División de Honra, 16ª xornada: XUVENIL A 5 (Lucas -3-, Hugo Torres e Vergara) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2

Liga Nacional, 15ª xornada: VICTORIA CF 1 - XUVENIL B 2 (Miguel de Labra -2-)

Categoría cadete
División de Honra, 15ª xornada: AROSA SC - CADETE, o sábado 4 de xaneiro ás 12:00 no campo Manuel Jimenez Abalo (Vilagarcía)
División de Honra, 15ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 5 (Yerobe, Jurgen, José Quiroga, Anxo e Sergio Cortizo) - SALGUEIRIÑOS CF 0

Categoría infantil
División de Honra, 13ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF 0 - INFANTIL 3 (Íker Obeso, Thiago Montes e Hugo Ferreirós)
División de Honra, 13ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2 - SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Carlos Crespo, Mario González e Yoel Darriba)

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, 9ª xornada: ALEVÍN A 13 (Hugo Álvarez -3-, Hugo Quintela -2-, Miguel Candal -2-, Mateo Cortizas -2-, Lucas Albor -2-, Thiago López e Nico Rodríguez-Ponce) - IMPERÁTOR OAR 0
Primera A Coruña de fútbol 8, 9ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 3 - FABRIL FC ALEVÍN 0

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, 9ª xornada: BENXAMÍN A 10 (Nico Castro -4-, César Leira -2-, David Santiago -2-, Joel Losada e Asier Ordax) - CD CALASANZ 1
Primera A Coruña de fútbol 8, 9ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 9 (Pablo Campanero -3-, Hugo Cancela -2-, Fabio Álvarez, Xosé Varela, Saúl Gómez e Ian Lata)