Pablo Vázquez e Lucas Pérez pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR após o enfrontamento ante o CD Mirandés.
Ao central cústalle " asimilar" a derrota, pero entende que "hai que asumilo" e seguir. Ademais, entende que, a pesar de que "non fixemos un mal partido en canto a xogo", o equipo "non tivo frescura e non foi gañador de duelos".
Conclúe que "foi un día duro. Tiñamos moitas expectativas no día de hoxe porque tiñamos boas sensacións desde o xoves". "Desde o penalti non atopamos o fío do xogo, o CD Mirandés está nun momento de acerto moi grande e as que ten van cara adentro", engade Pablo Vázquez.
Pola súa banda, Lucas Pérez tiña "ganas e ilusión de despedir o ano como mereciamos". Con todo, exerce autocrítica co equipo e considera que "o penalti nos condiciona moito o partido e a partir de aí imos moi a remolque".
O capitán, que valora como fundamental o factor cansazo, engade que "non estivemos moi finos" e aproveita para valorar a temporada do equipo rojillo: "O CD Mirandés traballou moi ben e estano demostrando".
Por último, Lucas Pérez agradece o gran ano para o deportivismo e pídelle ao 2025 "que sexa igual".