Óscar Gilsanz confesou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "viñamos con moita ilusión a este partido. Tiñamos moitas esperanzas postas en mostrar que a comuñón en ABANCA-RIAZOR entre #ANOSAFORZA e o equipo íanos a facer máis fortes. Estamos a buscar iso e atoparémolo, sen ningunha dúbida".
Asegura que a derrota "me sabe mal porque o público hoxe, 24.000 persoas, apoiounos desde o principio até o final. Mesmo co 0-4 #ANOSAFORZA seguiu apoiando. Quédansenos curtos todos os adxectivos que podamos ter para o deportivismo, para a nosa afección. E sabe peor aínda por iso".
Non ten dúbida o técnico deportivista que "traballaremos arreo para facer de ABANCA-RIAZOR un escenario que os rivais vexan con dificultade; e que aquí teñamos unha comuñón con #ANOSAFORZA; que sexamos capaces de competir todos os días; e que non pase o de hoxe (por onte), que quedamos sen opcións moi lonxe do final do partido".
Finalmente, explica que "con 0-4 no marcador é difícil ter calma. A última xanela de cambios foi para dar calma ao equipo, ser capaces de manternos no partido e non volverse tolos. Con 0-4 e un xogador menos, necesitabamos un pouco de tranquilidade".