ANOSACANTEIRA feminina goza do parón do Nadal con todos os seus equipos situados na cabeza ou ben nos postos altos das súas respectivas categorías.
Destaca o Dépor ABANCA B, campión da primeira volta en Tercera Federación FutFem con 1 punto de vantaxe sobre o Olímpico de León.
Nesta mesma situación está o Orzán SD Sub-21, á fronte da Primera Autonómica con 2 puntos de vantaxe sobre o RC Celta B.
Ademais, varias futbolistas foron internacionais neste ano, caso de Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antía Veiga, Claudia Sande ou Dunia Dahmouni. A primeira foi subcampioa do mundo sub-17 e Lucía, campioa de Europa desta categoría.
As competicións retomaranse na segunda fin de semana de xaneiro.
As clasificacións marchan así:
Tercera Federación: 1. Deportivo ABANCA B, 37 puntos; 2. Olímpico de Léon, 36 puntos; 3. RC Celta e Sárdoma CF, 35 puntos...
Primera Autonómica: 1. Orzán SD Sub-21, 38 puntos; 2. RC Celta B, 36 puntos; 3. EFM Concello de Boiro, 35 puntos...
Segunda Autonómica: 1. SCD Pastoriza, 36 puntos; 2. Xallas FC, 35 puntos; 3. SD Tordoia e Orzán SD Xuvenil, 29 puntos; 5. UD Carral e Sporting Burgo, 26 puntos...
Liga Galega cadete: 1. Orzán SD Cadete, Victoria CF e Racing de Ferrol, 24 puntos; 4. CD Narón, 16 puntos...
Luga Galega infantil: 1. Victoria CF, 30 puntos; 2. Orzán SD Infantil A, 27 puntos; 3. SCD Milagrosa, 24 puntos... 6. Orzán SD Infantil B, 12 puntos...