Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA; con vitorias hoxe domingo do Dépor ABANCA B, Orzán SD Sub-21 e Orzán SD Xuvenil
Tres partidos xogáronse onte sábado e outros 3 hoxe domingo en ANOSACANTEIRA feminina.
Para hoxe quedou o partido do Dépor ABANCA B (na foto inferior) en Abegondo ante o PM Friol.
As branquiazuis impuxéronse por 4-0 con goles de Michi Apóstol, Anfal El Yamani e Paula Monteagudo -2-.
Con este resultado, o filial mantense na 2ª praza da Tercera Federación a 5 puntos do liderado, en mans do Olímpico de León.
En Elviña Grande, o Orzán SD Sub-21 (na foto principal da noticia) remontou ao Tomiño FC Femenino un 0-2 para acabar levándose os 3 puntos (3-2) e o Orzán SD Xuvenil venceu ao CD Lugo B (1-0) cun gol de Alexia Freire.
Orzán SD Cadete, Orzán SD Infantil A e Orzán SD Infantil B competiron onte sábado ante Victoria CF (3-1), CD As Pontes (0-13) e Victoria CF (10-0) respectivamente.
Finalmente, ANOSACANTEIRA celebra as citacións de Claudia Sande, que acaba de participar coa selección española sub-15 nun Torneo Desarrollo UEFA; e de Dunia Dahmouni, citada para dous amigables con Marrocos sub-20 ante Costa de Marfil.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Terceira Federación 12ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 4 (Michi Apóstol, Anfal El Yamani e Paula Monteagudo -2-) - PM FRIOL 0
Primera Autonómica 11ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 3 (Iria Otero -2- e Antía Brage) - TOMIÑO FC FEMENINO 2
Segunda Autonómica 11ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 1 (Alexia Freire) - CD LUGO B 0
Liga Galega cadete 8ª xornada: ORZÁN SD CADETE 3 (Daniela Macedo, Carmen Couto e Claudia Sande) - VICTORIA CF 1
Liga Galega infantil 8ª xornada: CD AS PONTES 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 13 (Inés Neira -2-, Daniela Arrojo, María López-Perales -5-, Valentina Fernández -3- e Rosalía Valencia -2-) 8ª xornada: VICTORIA CF 10 - ORZÁN SD INFANTIL B 0