Resultados este sábado en ANOSACANTEIRA feminina e calendario para este domingo
Tres partidos xogáronse este sábado e outros 3 xóganse o domingo en ANOSACANTEIRA feminina.
Orzán SD Cadete, Orzán SD Infantil A (na foto principal) e Orzán SD Infantil B (na foto inferior) competiron ante Victoria CF (3-1), CD As Pontes (0-13) e Victoria CF (10-0) respectivamente.
Para o domingo 24 queda o partido do Dépor ABANCA B ás 12:30 en Abegondo ante o PM Friol.
As branquiazuis, co empate da pasada fin de semana en Gondomar ante o Lóstrego CF, teñen 5 puntos de desvantaxe co liderado, que ostenta o Olímpico de León.
En Elviña Grande xoga o Orzán SD Sub-21 ante o Tomiño FC Femenino (16:15) e o Orzán SD Xuvenil fronte ao CD Lugo B (18:30).
Finalmente, ANOSACANTEIRA celebra as citacións de Claudia Sande, que acaba de participar coa selección española sub-15 nun Torneo Desarrollo UEFA; e de Dunia Dahmouni, citada para dous amigables con Marrocos sub-20 ante Costa do Marfil.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Terceira Federación 12ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - PM FRIOL, o domingo 24 de novembro ás 12:30 en Abegondo
Primeira Autonómica 11ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - TOMIÑO FC FEMENINO, o domingo 24 de novembro ás 16:15 en Elviña Grande
Segunda Autonómica 11ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - CD LUGO B, o domingo 24 de novembro ás 18:30 en Elviña Grande
Liga Galega cadete 8ª xornada: ORZÁN SD CADETE 3 (Daniela Macedo, Carmen Couto e Claudia Sande) - VICTORIA CF 1
Liga Galega infantil 8ª xornada: CD AS PONTES 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 13 (Inés Neira -2-, Daniela Arrojo, María López-Perales -5-, Valentina Fernández -3- e Rosalía Valencia -2-) 8ª xornada: VICTORIA CF 10 - ORZÁN SD INFANTIL B 0