RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Calendario da fin de semana que abriu hoxe venres o Infantil con triunfo ante o CD Conxo Santiago

O triunfo do Infantil A (3-0) ante o CD Conxo Santiago, correspondente á 10ª xornada na División de Honra, abriu unha nova fin de semana de competición en ANOSACANTEIRA.

Os branquiazuis son líderes da categoría con 30 puntos por 24 do RC Celta, que ten que xogar o seu partido.

A xornada ten o domingo 24 os seus dous pratos fortes.

A Fabril visita ao Bergantiños CF nas Eiroas a partir das 17:00 horas.

Os fabrilistas, instalados na zona cómoda da táboa, chegan co mal sabor de boca da derrota da pasada fin de semana en Abegondo ante o Coruxo FC.

Na División de Honra toca #ONOSODERBI no máis alto da táboa. O Xuvenil A de Miguel Figueira, líder con 28 puntos, visita ao RC Celta, 2º clasificado con 27, ás 12:00 na Madroa. 

Antes, mañá sábado 23 xóganse 4 partidos en Abegondo (o Xuvenil B ante o CD Lugo ás 16:00, o Alevín A ante o Orillamar SD ás 12:00, o Benxamín A fronte ao Silva SD ás 10:30 e o Fabril FC Benxamín ante o Oza Juvenil SD ás 12:00) e un máis no Monte (o San Tirso SD Cadete ante a SD Compostela ás 12:15).

Completa a xornada do sábado dous partidos ás 16:00: a visita do Cadete ao ED Xuventude de Oroso (no Lino Balado de Sigüeiro) e a do San Tirso SD Infantil ao ED Val Miñor Nigrán (en Condomínguez).

Foron suspendidos dous encontros de fútbol 8 pola folga do persoal de conserxería das instalacións municipais coruñesas.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
13ª xornada: BERGANTIÑOS CF - FABRIL, o domingo 24 de novembro ás 17:00 nas Eiroas
Clasificación: ... 5. Rayo Cantabria e Real Avilés Industrial, 21 puntos... 7. Fabril, 19 puntos; 8. SD Compostela e UP Langreo, 17 puntos; 10. Real Valladolid Promesas e Bergantiños CF, 16 puntos...

Categoría xuvenil
12ª xornada: RC CELTA - XUVENIL A, o domingo 24 de novembro ás 12:00 na Madroa (campo 2)
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 28 puntos; 2. 2. RC Celta, 27 puntos; 3. Real Racing Club e Sporting de Gijón, 21 puntos...

12ª xornada: XUVENIL B - CD LUGO, mañá sábado 23 de novembro ás 16:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 28 puntos; 2. RC Celta B e Pabellón Ourense CF, 27 puntos, 4. Racing de Ferrol, 24 puntos... 11. CD Lugo, 14 puntos...

Categoría cadete
11ª xornada: ED XUVENTUDE DE OROSO - CADETE, mañá sábado 23 de novembro ás 16:00 no campo Lino Balado (Sigüeiro)
11ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - SD COMPOSTELA, o sábado 23 de novembro ás 12:15 no Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 30 puntos; 2. Cadete, 27 puntos... 6. SD Compostela, 18 puntos... 9. San Tirso SD Cadete, 14 puntos... 16. ED Xuventude de Oroso, 5 puntos...

Categoría infantil
10ª xornada: INFANTIL 3 (Jaime, Thiago e Adrián) - CD CONXO SANTIAGO 0
10ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - SAN TIRSO SD INFANTIL, mañá sábado 23 de novembro ás 16:00 en Condomínguez (Nigrán)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil (un partido máis), 30 puntos; 2. RC Celta, 24 puntos; 3. Racing de Ferrol, 21 puntos; 4. ED Val Miñor Nigrán, 19 puntos; 5. San Tirso SD Infantil, 18 puntos...

Categoría alevín
5ª xornada: ORILLAMAR SD - ALEVÍN A, mañá sábado 23 de novembro ás 12:00 en Abegondo (campo de céspede artificial)

4ª xornada (xogado o pasado martes): CD CALASANZ 3 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Mateo Songo'o -2- e Enzo Fernández)
5ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - IMPERÁTOR OAR, suspendido
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º: 1. Alevín A e Victoria CF, 9 puntos... 6. Fabril FC Alevín (un partido máis), 2 puntos; 7. Orillamar SD, 1 punto...

Categoría benxamín
5ª xornada: SILVA SD - BENXAMÍN A, mañá sábado 23 de novembro ás 10:30 en Abegondo (campo de céspede artificial)

4ª xornada: OZA JUVENIL SD - FABRIL FC BENXAMÍN, mañá sábado 23 de novembro ás 12:00 en Abegondo (campo de céspede artificial)
5ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - CD CALASANZ, suspendido
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º: 1. Benxamín A, 9 puntos; 2. CD Calasanz, Ural Español CF, Atlético Coruña Montañeros CF, Fabril FC Benxamín e Victoria CF, 6 puntos... 10. Silva SD, 0 puntos