RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Dani Barcia fala dunha reacción "incrible" e Yeremay, dun partido "espectacular de todo o equipo"

Dous canteiráns, Dani Barcia e Yeremay, pasáronse pola zona mixta do Estadio Carlos Belmonte.

O central coruñés cre que após o gol inicial do Albacete "a reacción do equipo foi incrible. Empezamos mal con ese gol a balón parado que temos que mellorar. Logo reaccionamos moi ben. Foi un partido traballado de todos os xogadores, tanto os que estaban no campo como os que saíron. Temos que seguir nesta liña e tentar gañar o próximo finde".

Asegura que "a vitoria era o primeiro. Arriba temos a mellor dianteira da categoría. Cada ocasión que teñan vana a materializar. Hai que darlles confianza. Sabiamos o que temos arriba, moita pólvora".

A nivel persoal confesa Dani Barcia "estar nas nubes. Son da Coruña. Levo aquí moito tempo e leste é o meu obxectivo, xogar no fútbol profesional co Dépor".

Insiste en que "tiñamos moita confianza no equipo pero si que é verdade que necesitabamos unha vitoria que nos elevase un pouco a moral".

Pola súa banda, Yeremay, autor de 2 goles, opina que o partido foi "espectacular de todo o equipo. Hoxe demos un pasiño cara a adiante todos. Hai que seguir así, preparar a seguinte semana xa para o seguinte partido".

O atacante canario, con 3 tantos no seu haber no que vai de liga, admite que "este ano estou a mirar para a portería. Estou a dar máis importancia a todo iso. O míster tamén mo pide. Van entrando e estou moi contento".

Opina que este partido "nos facía falta a todos, ao equipo, a #ANOSAFORZA. Viñamos de facer só 3 goles. Hoxe fixemos goles, o equipo en defensa tamén estivo ben, fixemos un partido en xeral moi bo. Necesitabamos un partido como o de hoxe para dar un pasiño máis e seguir cara a adiante".