RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Idiakez asegura que "todo o mundo fixo un gran traballo" e recalca que "cremos moito no que facemos"

Imanol Idiakez asegurou na sala de prensa que "todo o mundo fixo un gran traballo. A defensa estivo fenomenal, os medioscentros pegáronse unha malleira... Estou contento por todos".

Este resultado no Estadio Carlos Belmonte supón "unha alegría. Isto non para. Cremos moito no que facemos, demostrámolo todas as semanas. Sabiamos que estabamos a facer moitas cousas ben. Os resultados non estaban a chegar pero o equipo estaba a traballar ben. Hoxe saíron ben as cousas. Fixemos un bo traballo defensivo contra un equipo que che obriga moito porque mete os laterais moi altos, moita xente por detrás. Por momentos obrígache a xuntarche e facer un bo traballo. Fixémolo e logo con espazos fixemos dano".

Está "contento" o técnico deportivista "por todo. O equipo estaba a traballar ben e non estabamos a obter os resultados que mereciamos".

Aínda que se lle pasou xa o enfado na sala de prensa, a xogada do primeiro gol do Albacete, aos 5 minutos de partido, "prepararámola. Demostra unha vez máis que por moito que adestres o que ten a iniciativa ten vantaxe. Era un bloqueo que sabiamos que facían. Era unha xogada que viramos facer ao Alba, traballarámola. Fixéronnos un gol. Para empezar o partido non era unha boa noticia. Pero quedo con moitísimas cousas despois, moitísimas boas noticias que fixeron que ese gol quedase en anécdota".

Por contra, resalta que en Albacete "tivemos eficacia. Nós con espazos somos un equipo moi perigoso. O eramos o ano pasado e seguímolo sendo porque temos xente moi rápida arriba que con espazos fai dano. O Albacete concedeu espazos e aproveitámolos".

Finalmente, preguntado por Mella e Yeremay, opina que "son dous futbolistas moi novos e moi bos. Por sorte están no Dépor".