O Dépor ABANCA reforza o corpo técnico de Fran Alonso con Alberto Rodríguez e Álex Pouso
O Dépor ABANCA reforza o corpo técnico de Fran Alonso coa chegada de Alberto Rodríguez Fraga (Arteixo, 22 de febreiro de 1989, á dereita na foto) e de Alejandro Pouso Castro (Lousame, 13 de marzo de 1993, á esquerda na foto).
Alberto Rodríguez, que será o segundo adestrador, ten a titulación UEFA PRO e é ademais licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
En anteriores etapas pasou polo Racing Villalbés, no que traballou con Óscar Gilsanz; CCD Cerceda e FC Jumilla. Como adestrador principal dirixiu á SD Sofán e ao Sigüeiro FC, filial da SD Compostela.
Pola súa banda, Álex Pouso, novo adestrador de porteiros, estivo anteriormente no Outes FC, Bergantiños CF e CD Boiro, neste caso en Tercera Federación.
Nova sesión de traballo hoxe sábado en Abegondo
As Nosas exercitáronse esta mañá no campo 5 de Abegondo, á espera de pechar mañá ás 11:00 na Cidade Deportiva a primeira semana de traballo do ano 2025.
A primeira cita ligueira para o Dépor ABANCA será o sábado 11 de xaneiro ás 12:00 no Municipal de Adeje ante o UD Costa Adeje Egatesa Tenerife