Tres sesións de traballo no Dépor ABANCA nos primeiros 5 días de 2025
O Dépor ABANCA regresa aos adestramentos após o parón do Nadal este venres 3 de xaneiro ás 11:00.
Fran Alonso dispuxo até o domingo 5 un total de 3 sesións de traballo na Cidade Deportiva.
As Nosas acabaron 2024 en 15ª posición da liga F con 9 puntos, os mesmos que o Levante UD (14º).
A primeira cita ligueira para o Dépor ABANCA en 2025 será o sábado 11 de xaneiro ás 12:00 (hora galega, Dazn) no campo de Adeje ante o UD Costa Adeje Tenerife Egatesa.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte: