RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
CADETE A

Final con susto para o Cadete en Ourense

O Cadete sumou 3 puntos na súa visita ao UD Ourense (3-5), en partido correspondente á 5ª xornada na División de Honra.

Miguel de Labra -2-, Trillo, Janusz e Leandro foron os goleadores branquiazuis nun partido que acabou con susto, posto que os locais anotaron 2 tantos consecutivos no último minuto cando o marcador era xa 1-5 e o choque estaba visto para sentenza.

Con este resultado, o Cadete lideta a táboa con 15 puntos de 15 posibles, os mesmos que o RC Celta e o ED Xuventude de Oroso.

Cadete: Gabriel, Guille, Xabi Campos, Pablo Campo, Íker Fernández, Abel, Balbas, Mosquera, Miguel de Labra, Trillo e Janusz. Tamén xogaron: Leandro, Lucas, Diego e Jorge.

A próxima fin de semana, o conxunto que dirixe Daniel González recibe en Abegondo ao CD Conxo Santiago. Antes, Íker Fernández, Janusz, Nico Ruiz, Pablo García, Rodrigo e Leandro foron citados pola selección galega sub-16 para disputar un partido amigable o mércores 11 de outubro ás 19:30 no campo de Valiño de Boiro ante o CD Boiro de Liga Nacional xuvenil.

Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:
ED Val Miñor Nigrán 1 - Cadete 3 (Trillo, Miguel de Labra e Diego)
Cadete 3 (Janusz, Yago e Trillo) - Coruxo FC 1
Ural Español CF 0 - Cadete 5 (Mosquera -2-, Miguel de Labra, Pablo Campo e Yago)
Cadete 8 (Miguel de Labra -3-, Mosquera, Leandro, Carballeira e Diego) - Salgueiriños FC 1
UD Ourense 3 - Cadete 5 (Miguel de Labra -2-, Trillo, Janusz e Leandro)