Fran Alonso: "Estamos a traballar nunha liña moi boa e espero que os resultados cheguen xa"
Fran Alonso manifestou na sala de prensa de Abegondo que ao seu vestiario dálle "un 11 sobre 10. Espectacular todo o corpo técnico, directiva, xogadoras... O grupo está moi unido, todos confiamos, ninguén baixa os brazos".
Confesa que "me encanta estar aquí. Somos unha familia; e en todas as familias hai momentos mellores, momentos peores, pero todos temos un mesmo obxectivo, témolo clarísimo. Estamos a traballar nunha liña moi boa e espero que os resultados cheguen xa".
É máis, "se preguntas a calquera xogadora, todas están súper confiadas a pesar de que os resultados de momento non saíron ben".
Subliñou que no encontro ante o Real Madrid CF en ABANCA-RIAZOR o pasado sábado "houbo moitísimas cousas positivas. Centrámonos niso. Adestraron ben, adestramos con calidade, adestraron con ilusión"; e, de feito, ve os seus futbolistas "moi ben, enchufadas".
O técnico deportivista lembra que "en 3 días temos outro partido, agora en 2; e con moitísimas ganas de que esta melloría que vimos do anterior partido ao do sábado siga crecendo e siga sendo evidente no equipo".
Admite que "un equipo na parte baixa da táboa se cadra non ten a fortaleza mental que ten un equipo da parte alta da táboa, pero non estou preocupado. É algo no que estamos a traballar. Por suposto non hai que ignoralo, pero ao equipo non lle vai a afectar os partidos que vén. Está moi ben de moral, sabemos as nosas fortalezas e sabemos que hai cousas que hai que traballar e estámolas traballando".
Finalmente do rival este mércores 18 de decembro ás 20:30 no Estadio Antonio Puchades, o Valencia CF Féminas, opina que "o fai perigoso o feito de que non gañasen. Cambiaron de adestrador fai dous partidos. É difícil para nós analizarlles porque tiveron dúas formacións distintas, unha con liña de 4 e outra con liña de 5. Failles impredicibles. Iso ten vantaxes e inconvenientes pero si que creceu en intensidade nos dous últimos partidos e vai ser un partido moi difícil. Non polo feito onde están na táboa imos crer que é un partido fácil. Vai ser moi difícil. O único que confiamos no que estamos a facer, confiamos no grupo e imos ir a por todas".