RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Intensa semana de competición para un Dépor ABANCA "xa cos cimentos para ir construíndo", con cita copeira en Gijón e ligueira en Badalona

O Dépor ABANCA encara unha intensa semana de competición e desprazamentos incluídos, con Copa de la Reina en Gijón este martes 1 de outubro (16:45) e liga en Badalona (Barcelona) o domingo 6 ás 18:00.

Finalizado o primeiro tramo ligueiro cos partidos do mes de setembro, saldado con 2 puntos na 13ª posición (a falta do partido da Valencia CF Féminas, pechacancelas con 1 punto, ante o Sevilla FC), Irene Ferreras, en rolda de prensa onte sábado en ABANCA-RIAZOR, agárrase "ao proceso, ao traballo e á imaxe do equipo".

A adestradora branquiazul ve no equipo "o traballo, o que propoñen no campo. Faime ser optimista. Sinto que temos moita marxe de mellora. Aínda non sei cal é o teito do equipo pero a sensación que estamos a ter axúdanos a convencernos de que podemos".

Lembra que "todos os inicios son complicados. Sacamos moitas máis cousas positivas que negativas. E cando toquen negativas traballaremos máis para tentar revertelas".

Irene Ferreras pide "tranquilidade. Isto é moi longo. Xa temos 2 puntos, 4 xornadas, un calendario que foi moi complicado no inicio sobre todo. Xa puxemos os cimentos para ir construíndo de cara aos próximos partidos".

Á marxe dos dous encontros, As Nosas completarán 4 sesións de traballo matinais, a do sábado xa no Municipal de Badalona, escenario do encontro ante o Levante Las Planas FC.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 30 de setembro
11:00 h., Abegondo

Martes 1 de outubro
Copa de la Reina, 16:45: Sporting de Gijón - Deportivo, en Mareo

Mércores 2 de outubro
Descanso

Xoves 3 de outubro
11:00 h., Abegondo

Venres 4 de outubro
11:00 h., Abegondo

Sábado 5 de outubro
13:00 h., Municipal de Badalona

Domingo 6 de outubro
Liga F, 18:00: Levante Las Planas FC - Deportivo ABANCA, no Municipal de Badalona