RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Un tanto de Paula Monteagudo vale o triunfo do Dépor ABANCA B ante o CD Lugo

Un gol de Paula Monteagudo (na foto na fila de abaixo a primeira xogadora empezando pola esquerda) no minuto 49 deu o triunfo ao Dépor ABANCA B (1-0) ante o CD Lugo, en partido correspondente á 4ª xornada no grupo 1º de Tercera Federación.

Con este resultado, o filial suma 10 puntos na 2ª posición, a 2 puntos do Olímpico de León, líder con 12 puntos.

Óscar Orro, técnico deportivista, puido xa contar con Elena Vázquez e Redru, que participaron coa selección española sub-17 en dous amigables esta semana ante Portugal e México.

Ambas comezaron no banco e saltaron ao céspede no transcurso do encontro.

Na convocatoria branquiazul estivo tamén Antía Veiga, a gardameta cadete que mañá luns se incorpora á concentración da selección española sub-16 en Las Rozas (Madrid).

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Alejandra Vázquez, Sara Cercido, Paula Novo, Laura Otero, Noe Mayo, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Yanís Citoula, Laura Ruiz e Lucía Mariño. Tamén xogaron: Anfal El Yamani, Dunia Dahmouni, Emma Gandoy, Redru e Elena Vázquez

A próxima fin de semana, o Dépor ABANCA B visita ao Sporting de Gijón B.

Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:

CD Villa de Simancas 2 - Dépor ABANCA B 2 (Laura Ruiz e Lucía Mariño)
Dépor ABANCA B 3 (Michi Apóstol, Dunia Dahmouni e Paula Novo) - Victoria FC 0
Sárdoma CF 0 - Dépor ABANCA B 2 (Carmen Carballada e Laura Otero)
Dépor ABANCA B 1 (Paula Monteagudo) - CD Lugo 0