RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Jose Ángel renova o seu contrato no Dépor até xuño de 2026

Jose Ángel Jurado de la Torre (Sevilla, 21 de xuño de 1992), coñecido futbolísticamente como Jose Ángel, renovou o seu contrato para as dúas próximas temporadas, até xuño de 2026.

Na posición de mediocentro disputou na súa primeira temporada na Coruña un total de 35 partidos de liga con 1 gol e 3 asistencias; e 1 partido de Copa del Rey.

O futbolista andaluz presenta unha ampla traxectoria no fútbol español, após pasar polas filas do Real Betis, club no que se formou, CD Mirandés, Vilarreal CF, UD Almería, FC Cartagena, AD Alcorcón e CD Tenerife, salpicada de varias experiencias no estranxeiro.

En total, Jose Ángel disputou 114 partidos en Segunda División, nos que anotou 5 goles.

Fóra de España militou no FK Bodø/Glimt noruegués (2017 e 2018), co que xogou 22 partidos en Segunda no seu primeiro ano, no que logrou o ascenso á máxima categoría, onde disputou 28 partidos e anotou 1 gol ao ano seguinte.

De febreiro a agosto de 2019 defendeu as cores do FC Shériff Tiraspol moldavo, con 12 partidos xogados na Primera División local e 1 na fase previa da Liga de Campións.

A súa experiencia internacional complétase no Ao Wahda FC Abu Dhabi, de Emiratos Árabes Unidos, equipo no que xogou a primeira metade da temporada 2021-22 antes de recalar no AD Alcorcón na segunda parte da campaña. Co cadro árabe participou en 10 partidos en Primera División local, 4 partidos na UAE League Cup e outros 2 na Liga de Campións de Asia.

AD Alcorcón e CD Tenerife, en Segunda División, foron os seus últimos clubs antes do Dépor, na segunda metade da campaña 2021-22 e na 2022-23 completa, respectivamente. Co cadro do Heliodoro Rodríguez López, o curso 2022-23 participou en 27 partidos e anotou 1 gol.