RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Kevin Cabado: O obxectivo é ser cada vez unha mellor versión de nós mesmas

Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA, márcase como obxectivo na liga F "ser cada vez unha mellor versión de nós mesmas. Non imos ir máis aló".

Albisca un escenario para o equipo "ilusionante. A cidade merecíase volver ser de Liga F, volver sentir a máxima categoría co primeiro equipo feminino. Estamos seguros que imos estar preparados, que imos dar a cara, que nos imos a asentar na categoría e que imos estar aquí moitos anos".

Explica que o seu obxectivo foi "reter o talento que tiñamos, que non coñecen en Liga F, que agora van coñecer e que vai dar a cara. O primeiro obxectivo foi manter ese talento e amplialo. Contamos no cadro con 7 ou 8 retoques que nos axuden a dar un salto de calidade e a asentarnos na máxima categoría".

Destaca desta temporada do ascenso a "unión do grupo. Nos bos e nos malos momentos souberon remar e ir todas na mesma dirección, tamén porque acertamos nas 3 líderes, as 3 cabezas visibles que son as capitás; e que nos seguirán guiando en Liga F".

Tamén subliña "o compromiso e a madurez do grupo. Nos bos e nos malos momentos souberon que ían sacar o obxectivo. Dicíao o hashtag do equipo #sentímolonocorazón, dicíao Millene nunha entrevista que sabía desde o primeiro momento que o iamos a conseguir. E nunca dubidaron, nin cando estivemos tres partidos seguidos sen gañar".

Iso si, Kevin Cabado lembra do vestiario "a orde e o talento, o traballo do staff para que ese talento salga a relucir. Coa suma das dúas cousas conseguímolo".

Finalmente marca como momento clave da temporada que agora termina "o día a día. A xente quedará co gol de Millene ao RCD Espanyol polo que supuxo, pero a clave foi cada adestramento ir ao 100%. Vías traballar a este grupo, mesmo despois das derrotas ou despois dos triunfos, e víalo sempre ao 200%. Incluso as que non xogaban".