RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Carlota Sánchez renova co Dépor ABANCA até 2025

Carlota Sánchez Sánchez (A Coruña, 21 de xaneiro de 2002) renovou por unha temporada o seu compromiso co Deportivo ABANCA, polo que defenderá a camiseta branquiazul por oitava campaña consecutiva.

Formada inicialmente nos equipos masculinos do CD Calasanz e posteriormente na estrutura feminina do Orzán SD, Carlota Sánchez incorporouse ao Deportivo ABANCA no curso 2017-2018. Despois de tres campañas no Dépor ABANCA B, na Temporada 2020-2021 deu o salto definitivo ao primeiro equipo, co que xa se estreou oficialmente ao comezo da súa segunda temporada no Club. Desde o inicio da campaña 2022-2023 é futbolista do primeiro cadro para todos os efectos.

Internacional sub-17 e sub-19 en numerosas ocasións, a centrocampista coruñesa, filla e irmá de ex canteiráns deportivistas, debutou co Dépor ABANCA con 16 anos (o 23 de setembro de 2018 fronte ao CD Monte en Abegondo) e na división de honra con 17. Desde entón disputou 73 encontros co Deportivo ABANCA: 10 en Primeira División, 22 en Primera Federación Iberdrola, 26 en Reto Iberdrola, 4 de playoff de ascenso a Primeira División, 1 de playout de Reto Iberdrola, 6 en Segunda División e 4 en Copa de la Reina, nos que marcou 3 goles (1 en Primera RFEF, 1 en Segunda e 1 en Copa).

A renovación de Carlota únese a outras xa confirmadas como as de Millene, Eva Dios, ADT e Lucía Martínez, até xuño de 2025; Paula Gutiérrez, Cris Martínez, Samara, Yohana, Raquel García e Paula Monteagudo, todas elas até 2026; Carmen Carballada e Henar, até 2027, e Elena Vázquez, até 2028.