RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA reforza o centro da súa defensa con Vera Martínez

O Dépor ABANCA reforza o centro da defensa coa fichaxe para esta temporada 2024-25 de Vera Martínez Viota (Astillero, Santander, 13 de agosto de 1999).

Procede do CA Osasuna, onde militou as dúas últimas temporadas (2022-23 e 2023-24), disputou un total de 51 partidos (50 deles como titular) e anotou 3 goles na segunda categoría do fútbol feminino nacional.

Vera xa debutou en Liga F, posto que na campaña 2021-22 xogou 13 partidos, 7 deles como titular, co Deportivo Alavés, club co que logrou ascender a Reto Iberdrola (hoxe Primera Federación Iberdrola) e á Liga F.

Internacional española en categoría Sub-19, comezou a súa carreira no Reocín Racing B na temporada 2013-14 antes de pasar ao primeiro equipo a temporada seguinte. Tamén vestiu a camiseta da Ave Fénix Racing de Torrelavega.

Vera Martínez convértese no primeiro reforzo das Nosas esta temporada após as renovacións xa confirmadas de ADT, Henar, Eva Dios, Millene Cabral, Raquel García, Yohana, Samara e Cris Martínez.