As Nosas, que foron de máis a menos no partido, caeron esta mañá na illa de Tenerife (5-1) fronte ao UD Costa Adeje Tenerife Egatesa.
Con este resultado, o conxunto branquiazul queda con 9 puntos na 15ª posición da táboa.
Deu comezo o 2025 na liga F e en apenas seis minutos desde o asubío inicial, Ainhoa Marín tivo unha dobre ocasión que foi sacada pola defensa local baixo paus e que finalmente foi anulada por man no rexeite da propia futbolista deportivista.
A partir desa acción o Dépor ABANCA descolgouse do partido e tivo diferentes internadas pola banda esquerda de Francisca Lara. Pola contra, a segunda ocasión máis clara para As Nosas foi pola outra banda, onde un centro de Olaya pola banda dereita foi rematado pola nosa '10', Millene, que rozou o traveseiro da gardameta local.
Após tentear de novo ao equipo insular cun rexeitei a porta baleira que non atopou portería, chegou o primeiro gol para as coruñesas cun disparo de Henar no minuto 25 do encontro.
Tivo que ser asistida Millene no minuto 36 após unha falta de Clau Blanco cando se quería ir co balón controlado no seu propio campo. Isto supuxo a primeira cartolina amarela do encontro para o Tenerife.
O equipo canario tentou responder con diferentes incursións, pero unha férrea Inês Pereira afastou o perigo ao seu par.
A pesar da diferenza de temperatura e do campo, neste caso artificial, ao que están afeitas, o Dépor ABANCA foise ao descanso coa vantaxe no marcador.
O equipo de Fran Alonso saltou ao campo sen cambios no seu once inicial.
O UD Costa Adeje Tenerife Egatesa saíu con máis agresividade que na primeira parte, e nos compases iniciais da segunda metade tiveron diferentes internadas na área rival.
Froito diso veu o gol do empate no minuto 51. Un centro que puido blocar Inês, pero que no remate Monday esta vez si que atopou portería.
O partido por tanto púñase como ao comezo, 1-1, e todo por decidir.
A presión do conxunto de Adeje fixo que o partido rompese, e foron as locais as que seguiron tendo máis proximidades ao arco rival.
Culpa desta alta presión e a maior agresividade mostrada na segunda parte, o UD Costa Adeje Tenerife Egatesa, e de novo, grazas aos pés de Monday, anotaron o segundo tanto no minuto 64, e puxéronse con vantaxe no marcador.
O partido púñase de cara para as locais e após apenas cinco minutos despois da remontada das insularesMil , chegou o terceiro no marcador.
Non conseguiron as branquiazuis crear perigo e iso mostrouse no campo. O equipo botouse para atrás e iso serviulle ao conxunto local para seguir achegándose á portería da gardameta Inês.
A remontada das locais continuou, e no minuto 76 Aleksandra fixo o cuarto.
Fran Alonso quixo cambiar por completo o xogo do seu equipo e realizou o cinco cambios nunha mesma xanela.
A pesar diso, o quinto e último gol do encontro subiu ao marcador ao lado tinerfeño.
UD Costa Adeje Tenerife Egatesa: Noelia Ramos, Cinta R., Babajide (María José, min. 82); Laupstad (Blom, min.46); Aleksandra, S. Castelló (Sørbo, min. 86); Bicho, Clau Blanco (Sakina Diki, min. 73); Monday G., Patri Gavira, Pisco (Beatriz Beltrán, min. 86).
Dépor ABANCA: Inês, Vera, Raquel, Samara (Cris Martínez, min. 78); Marina Artero, Henar (Paula G, min. 78); F. Lara (Hmírová, min. 78); Lucía, Ainhoa, Olaya ( Eva Dios, min. 78); Millene (Michi Apóstol, min. 78).
Árbitra: Olatz Rivera Olmedo, pertencente ao comité vasco. Amoestou a Clau Blanco (min. 36)
Goles: 0-1 Henar (min. 25); 1-1 Monday (min. 46); 2-1 Monday (min. 64); 3-1 Babajide (min. 69); 4-1 Aleksandra (min. 76); 5-1 Sakina Diki (min. 81).
Incidencias: partido correspondente á 14ª xornada en Liga F disputado no Campo Municipal de Adeje.