RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA, que recuperou posto de ascenso directo, comeza mañá martes a preparar a visita do Real Oviedo a Abegondo

O Deportivo ABANCA, que hoxe goza dunha xornada de descanso, comeza mañá martes 18 de abril a preparar a próxima cita ligueira, o domingo 23 ás 12:00 en Abegondo ante o Real Oviedo (Youtube RC Deportivo), en partido correspondente á 27ª xornada en Primera Federación Iberdrola.

O triunfo en Albacete e o resto de marcadores da xornada deixou ás Nosas en 2ª posición da táboa, posto de ascenso directo, con 46 puntos, a 6 de distancia do FC Barcelona B, líder con 52 puntos pero que non pode ascender a Primeira División pola súa condición de filial. Por detrás marchan CDF Osasuna Femenino e SD Eibar con 45 puntos; e CP Cacereño Femenino con 44 puntos.

Irene Ferreras disporá ao longo da semana de 5 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva, con traballo previo cada día de ximnasio e vídeo a partir das 9:00, antes de saltar ao céspede.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 18 de abril
10:00 h.

Mércores 19 de abril
10:00 h.

Xoves 20 de abril
10:00 h.

Venres 21 de abril
10:00 h.

Sábado 22 de abril
10:00 h.

Domingo 23 de abril
12:00: Deportivo ABANCA - Real Oviedo, en Abegondo